"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado en Camariñas, fundado en 1996 por iniciativa do concello e dedicado ao encaixe. Os obxectivos que persegue son promover o coñecemento e a difusión do encaixe de palillos, unha actividade tradicional no concello e na comarca de Terra de Soneira; a recuperación de pezas antigas e tradicionais e deseños característicos da zona; a potenciación do desenvolvemento e evolución do sector encaixeiro, así como servir de centro de investigación, documentación e consulta sobre o encaixe en Camariñas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado na casa de turismo rural A Rectoral de Artes (Ribeira). Naceu pola iniciativa do seu propietario Javier Expósito para mostrar a súa colección particular. Mostra gravados de autores desde o s XV ata a actualidade. Xestionado pola Fundación do Museo do Gravado e da Estampa Dixital de Artes, entre os seus obxectivos atópase o de actuar como centro de promoción das técnicas dixitais aplicadas á estampa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo fundado en 1984 na Casa da Cultura de Fene dedicado ao humor. É o primeiro no seu xénero en toda España e nas súas salas poden contemplarse máis de mil orixinais de humoristas gráficos de todo o mundo, entre outros, Chumy Chúmez, Fontanarrosa, Xaquín Marín, Siro e Mort Walker. Convoca anualmente os premios Curuxa do Humor nas vertentes gráfica, literaria e fotográfica, e organiza as Xornadas do Humor. Edita o boletín Sapoconcho.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado no cabo do Muíño en Alcabre (Vigo), inaugurado no verán de 2002, coincidindo co tricentenario da Batalla de Rande. Promovido polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, foi proxectado polos arquitectos Aldo Rossi e César Portela. Alberga exposicións, de diversa temática, que xiran arredor do mar como fonte de recursos e actividade humana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo municipal da Estrada fundado por Manuel Reimóndez Portela. Centra as súas actividades na custodia, exposición e estudo dos restos históricos, artísticos e etnográficos que proceden do concello da Estrada, entre outros os procedentes do vello laboratorio municipal. Dedica unha sección etnográfica aos oficios e incluso expón unha aula de clase tradicional. Entre as súas iniciativas destaca a elaboración dun arquivo fotográfico relacionado coa historia do concello cunha especial atención á emigración. Edita o anuario Miscelánea histórica e cultural.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo creado en 1976 baixo a iniciativa dun padroado formado por un gran número de institucións culturais galegas, por numerosos especialistas das distintas áreas culturais e por representantes das administracións públicas. As primeiras salas inauguráronse en 1977 no antigo convento de San Domingos de Bonaval, cedido polo concello de Santiago de Compostela. A Xunta de Galicia recoñeceulle, en 1993, a competencia de actuar como centro sintetizador de todos os museos e coleccións públicas e privadas integrados no sistema galego de museos. O sostemento do museo realízase polas achegas, económicas e materiais dos seus socios e patróns e polo patrocinio de institucións públicas e privadas. As súas salas dedícanse ao mar, ao campo, aos oficios, ao traxe, á música, ás artes suntuarias e ao hábitat e arquitectura. Conta tamén con seccións de arqueoloxía, pintura e escultura e organiza exposicións temporais, cursos, congresos e outras actividades. Ten unha biblioteca, co Departamento de Educación...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo das Mariñas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo dedicado á olaría, situado no pazo das Torres de Santa Cruz (Oleiros). Os seus fondos, doados polo matrimonio José María Kaydeda e Teresa Jorge, constitúen unha mostra de olaría procedente de toda España. Anualmente o centro organiza a Semana de Alfarería Española.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado na Casa do Concello da Coruña. Conta cunha colección de reloxos de diferente orixe, época e estilo, formada a partir de 82 pezas iniciais, que foron doadas por Antonio Ríos Mosquera en 1972. As pezas restantes proceden de diversas doazóns ou foron adquiridas polo concello.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de tecnoloxía situado en Valdemorillo (Madrid), inaugurado en 1998. De titularidade privada, pertence á Fundación Eduardo Barreiros. Está considerado un museo monográfico e dispón de pezas e deseño gráfico que permiten coñecer a vida e a obra de Eduardo Barreiros Rodríguez (1919-1992), fundador de Barreiros Diesel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Casa museo situada na Coruña en que residiu Emilia Pardo Bazán. Inaugurouse en 1972. Recrea fielmente o típico pazo da nobreza urbana con catro salas de exposición que conteñen todos os obxectos persoais e artísticos da autora. Organiza exposicións temporais e conta cunha biblioteca e cun departamento pedagóxico e organiza diversas actividades. É sede da Real Academia Galega.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo creado en Madrid en 1968 a partir da unificación dos antigos Museo Nacional de Arte Moderno e Museo Nacional de Arte Contemporáneo. Instalouse na zona universitaria e inaugurouse en 1979. Contaba con obras de pintores e escultores activos en España durante o s XX. En 1987 foi suprimido e os seus fondos transferidos ao Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado en Vilar de Santos. Membro do Consello Galego de Museos, está dedicado á colección, recreación e exposición de obxectos relacionados coa etnografía galega. Ten salas dedicadas ao liño, aos oficios, á pataca, á casa e ao agro, ademais dun taller de tecidos artesanais e unha sala dedicada a xeografía, a historia e a memoria da comarca da Limia. Conta cunha biblioteca especializada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parque Etnográfico do Cebreiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo inaugurado en 2001 situado na antiga casa de Ricoy en Cambados. Dedicouse ao viño en xeral e ao albariño en particular. A súa colección combina restos arqueolóxicos e pezas de valor etnográfico, con paneis e audiovisuais en que se explican os diferentes procesos de crianza, obtención, conservación e cata do viño, cunha especial atención á rexión das Rías Baixas. Destaca a maqueta que recrea as adegas cistercienses e a zona exterior, onde se sitúan as cepas de albariño nas súas distintas formas de plantación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado no Rosal. A súa orixe data de 1981. Dividese nas seccións de Arqueoloxía, Agricultura e A Cabaqueira, onde se mostra material cerámico das telleiras. Publica unha memoria anual e conta cun arquivo fotográfico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo etnográfico situado en Oseira (San Cristovo de Cea). Inaugurado en 1972 por Xesús Ferro Couselo e Xaquín Lorenzo, está formado por obxectos recollidos desde 1965 por Olimpio Liste. Integrado no Consello Galego de Museos, divídese en castro seccións dedicadas ao traballo agrícola de Galicia, aos oficios, moitos deles descoñecidos, a obxectos de carácter singular e á exclaustración monacal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado no pazo de Baamonde, coñecido como a casa da Fundación, en Ribadavia. Concibido por Manuel Chamoso Lamas como Museo del Valle, iniciou o seu funcionamento en 1969 como sección etnográfica do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e en 1993 tomou a denominación actual. Membro do Consello Galego de Museos, a súa colección está constituída por coleccións etnográficas que proceden de diferentes comarcas ourensás e unha mostra de utensilios e apeiros relacionados co mundo vitivinícola. Conta cunha biblioteca, cun arquivo documental, sonoro e fotográfico, e un fondo documental sobre o teatro galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado na Casa Galega da Cultura en Vigo. Está formado pola doazón que fixo en 1995 Francisco Fernández del Riego da súa biblioteca e da súa colección de arte á cidade de Vigo. Recolle pinturas, esculturas e fotografías galegas dos últimos anos do s XIX e comezos do s XX, así como obxectos persoais, fotografías, cartas e as primeiras edicións das obras bibliográficas de Fernández del Riego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parque Etnográfico do Río Arnoia.