Museo dos Oleiros José María Kaydeda

Museo dos Oleiros José María Kaydeda

Museo dedicado á olaría, situado no pazo das Torres de Santa Cruz (Oleiros). Os seus fondos, doados polo matrimonio José María Kaydeda e Teresa Jorge, constitúen unha mostra de olaría procedente de toda España. Anualmente o centro organiza a Semana de Alfarería Española.