"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • Acción e efecto de porfillar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer de padriño ou madriña de alguén.

    2. Acoller a alguén como fillo mediante a adopción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e escultor de orixe lombarda. A súa arte, influída por Michelangelo, Il Vignola e B. Ammannati oscilou entre a tradición clásica e a busca de novas solucións arquitectónicas. Pertenceu á Accademia Nazionale di San Luca e sucedeu a Michelangelo como arquitecto do Capitolio onde rematou o palacio dos Conservatori (1578) e construíu o palacio dos Senatore (1573-1598). Cara a 1573 converteuse no principal arquitecto de San Pedro do Vaticano onde realizou as cúpulas menores (1578 e 1585) e a maior (1588-1590). Entre as súas obras destaca a fachada da igrexa do Gesù de Roma (1573-1584), o palacio da Sapienza (1575?), Sant’Andrea della Valle (1591) e a vila Aldobrandini en Frascati (1598-1603).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Científico e escritor italiano. A súa obra mestura elementos científicos, relixiosos e máxicos. Escribiu Phytognomonica (1588), en que se manifestou seguidor de Paracelso no terreo da medicina. Tamén publicou obras sobre física, como Magia naturalis e De refractione (1593), e o compendio sobre os coñecementos da época Scientiarum omnium synopsis. No ámbito literario intentou imitar a comedia latina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pinza para soster as agullas que se empregan na realización de suturas cirúrxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e guionista cinematográfico. Produciu Los golfos (1959), de Carlos Saura, e Viridiana (1961), de Luis Buñuel. Abandeirado da chamada Escola de Barcelona, dirixiu No compteu amb els dits (1966). Dentro xa dunha clase de underground de forte repercusión social e política, produciu e realizou a serie Miró (1969-1974) e a longametraxe Pont de Varsòvia (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘porta’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xornalista. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1889) e instalouse en Pontevedra, onde foi redactor do Diario de Pontevedra, xuíz municipal e decano do Colexio de Avogados (1898). En 1899 ingresou no corpo de rexistradores da propiedade e instalouse en Madrid. Entrou na política da man de Montero Ríos e foi deputado polo Partido Liberal polo distrito da Fonsagrada (1905-1923). Afastouse do seu protector e relacionouse con Basilio Álvarez, entre outros, ata chegar a ser un dos cofundadores da Liga Agrario-Redencionista (1910), que presidiu. Xosé Canalejas Méndez nomeouno gobernador civil de Barcelona (1910-1911), onde reprimiu con dureza as axitacións obreiras, e fiscal do Tribunal Supremo (1912). En 1923 foi ministro de Fomento. Participou na fundación en Vigo do xornal El Pueblo Gallego (1924), no que colaboraban republicanos e nacionalistas. En 1930 foi un dos promotores do Pacto de Barrantes. Coa chegada da Segunda República Española...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prelado do Opus Dei. Doutor en Filosofía e Letras e en Dereito Canónico, ingresou no Opus Dei en 1935. Foi ordenado sacerdote en 1944, e secretario xeral do Opus Dei (1940-1947 e 1956-1975). En 1975, á morte do fundador, foi elixido para sucedelo. En 1982 o Papa Xoán Paulo II nomeouno prelado ao erixir en prelatura persoal o Opus Dei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas e perennes, da familia das rosáceas, que teñen follas compostas, palmadas ou pinnadas, flores brancas, rosadas ou amarelas, pentámeras e caliculadas solitarias ou reunidas en cimas, e de froitos dispostos en poliaquenio. En Galicia está presente a especie P. erecta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Morillas (Campo Lameiro). O seu cumio acada os 766 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudou, pensionado desde 1874, en Roma, onde pintou Juana la Loca, cadro polo que recibiu a medalla de honra en 1878. En 1882 o senado encargoulle o grande óleo La rendición de Granada. Dirixiu o Museo del Prado (1896-1898) e a Academia Española de Bellas Artes en Roma. Colaborou en La Ilustración Española y Americana, onde publicou gravados de temas galegos como Horno de pan en Galicia (1873), El Pórtico de la Gloria (1874), La Ribera de Vigo (1874) e Romería de San Cosme en Bayona (1875).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia da Xironda (Cualedro). O seu cumio acada os 789 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo (3.564 m alt) situado en Italia que, xunto co de Adamello (3.554 m alt), constitúe un dos principais núcleos montañosos dos Alpes Réticos Meridionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pequena tira de tea, coiro ou cordón que, cosida en forma de lazo ou con ollais, serve para enganchar un botón.

    2. Tira de tea, coiro ou outro material que serve para suxeitar o cinto.

    3. Obxecto formado por dúas pezas de metal que se engachan entre si para unir dúas partes dunha peza de roupa.

      1. Técnica de execución guitarrística que designa a presión simultánea do dedo índice sobre todas as cordas dun mesmo traste.

      2. Dispositivo a maneira de abrazadeira que se pode colocar sobre calquera dos trastes do mango dunha guitarra e que produce un efecto equivalente ao da técnica de execución homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago ártico de Canadá, situado no Territorio do Noroeste, ao O de Terra de Baffin e na Foxe Basin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago ártico de Canadá, situada no Territorio do Noroeste (17.000 km2).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de Canadá, que constitúe unha provincia, a máis pequena do país, situada ao S do golfo de San Lourenzo (5.660 km2; 135.294 h [2001]). A súa capital é Charlottetown (38.114 h [2001]). Ten un rico patrimonio forestal. Destacan os cultivos de cereais e cría de gando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago ártico de Canadá, situada no Territorio do Noroeste. É a illa máis occidental do arquipélago de Parry (17.000 km2).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Príncipe encantado que vive no río Ulla entre Padrón e Pontecesures, que provoca enchentes ao botar auga pola boca.

    VER O DETALLE DO TERMO