presilla

presilla

(< presa)

  1. s f

    Pequena tira de tea, coiro ou cordón que, cosida en forma de lazo ou con ollais, serve para enganchar un botón.

  2. s f

    Tira de tea, coiro ou outro material que serve para suxeitar o cinto.

  3. s f

    Obxecto formado por dúas pezas de metal que se engachan entre si para unir dúas partes dunha peza de roupa.

  4. s f [MÚS]
    1. Técnica de execución guitarrística que designa a presión simultánea do dedo índice sobre todas as cordas dun mesmo traste.

    2. Dispositivo a maneira de abrazadeira que se pode colocar sobre calquera dos trastes do mango dunha guitarra e que produce un efecto equivalente ao da técnica de execución homónima.

Palabras veciñas

presidio | presidir | presídium | presilla | presináptico -ca | presiómetro | presión