presión

presión

(< lat pressĭōne)

  1. s f

    Acción e efecto de apertar, oprimir ou empurrar.

  2. s f
    1. Influenza que se exerce sobre algo ou alguén coa intención de modificar ou condicionar a súa actuación.

    2. [SOCIOL]

      Forza moral exercida por un grupo no conxunto dunha organización social, un país ou un continente, co establecemento dunhas normas de conduta e duns valores ideolóxicos, para manter unha cohesión e unha uniformidade que permitan un posterior control.

  3. [FÍS]
    1. s f

      Concepto físico que expresa a forza que se exerce perpendicularmente á unidade de superficie. Formalmente exprésase por P=F/S, sendo P a presión, F a forza e S a superficie. Segundo a mecánica estatística, a causa da presión dun fluído son os innumerables xogos das partículas que o compoñen coas paredes do recipiente que o conteñen. En termodinámica, a presión P que un corpo exerce sobre a superficie que o delimita está definida como a derivada (con signo menos) da súa enerxía E respecto ao volume V, a entropía S constante. Mídese co manómetro, do que o barómetro e o presiómetro son aparellos particulares. As unidades de presión máis utilizadas son o newton/m 2 (ou pascal) no SI, a baria no ceguesimal, e o bar. Tamén son moi correntes o kg/cm 2 e a altura de columna líquida (mm de Hg ou mm de auga). Fálase de presión absoluta e de presión relativa , segundo estea medida respecto ao cero de presións ou á presión atmosférica, respectivamente.

    2. presión de vapor

      tensión de vapor.

    3. presión dinámica/ de velocidade

      Presión debida á temperatura dun fluído polo único efecto de estar dotada dunha velocidade relativa. Exprésase por P = ñí 2 /2, onde ñ é a densidade do fluído e í a súa velocidade relativa.

    4. presión hidrostática

      Forza que, en hidrostática, por unidade de superficie, exerce unha columna de fluído dunha determinada altura h. OBS: Tamén se denomina estática dun fluído.

    5. presión superficial

      Diferenza de presións exercida, nun sistema físico onde hai dúas fases de contacto, sobre a superficie que as separa.

  4. [FISIOL]
    1. s f

      Resistencia que ofrecen as paredes dunha cavidade á forza dun líquido.

    2. presión arterial

      Presión do sangue que circula dentro das arterias. Depende da enerxía contráctil do corazón, da elasticidade das paredes arteriais, das resistencias periféricas e do volume e da viscosidade sanguíneas.

    3. presión intraabdominal

      Presión do líquido ou gas contido da cavidade intraabdominal.

    4. presión intracranial

      Presión do líquido ou gas contido na cavidade intracranial.

    5. presión oncótica

      Presión osmótica das solucións coloidais.

    6. presión venosa

      Presión do sangue nas veas.

  5. presión atmosférica [FÍS/METEOR]

    Presión que exerce a atmosfera terrestre sobre os corpos que están inmersos nela. Mídese co barómetro. Cando a nivel do mar e a temperatura de 15 °C a temperatura atmosférica é igual á que exerce unha columna de mercurio de 760 mm (1013 mb), denomínase presión normal. Pode variar moito dun lugar a outro e altérase pola altitude (diminúe aproximadamente 1 mm por cada 10 m de ascensión), e polo paso de perturbacións atmosféricas. Estivo expresada en milímetros de mercurio ou torrs aproximadamente ata 1914, e despois en milibares.

  6. presión crítica [QUÍM/FÍS]

    Presión que corresponde ao punto crítico.

  7. presión demográfica [DEMOG]

    Relación entre o número de individuos dunha poboación e os recursos de que dispoña.

  8. presión de radiación [ASTRON/FÍS]

    Presión exercida por calquera radiación electromagnética sobre a superficie na que incide. A presión de radiación é moi pequena, pero é quen de producir efectos sensibles sobre partículas moi pequenas. A radiación solar exerce unha forza sobre os micrometeoritos e contribúe á formación e á orientación da cola dos polos dos cometas. Pode perturbar lixeiramente a órbita dalgúns satélites artificiais

  9. presión fiscal [ECON]

    Relación entre os impostos que foron recadados e a renda nacional ou o produto nacional bruto dun país. É unha medida da capacidade de gasto público.

  10. presión osmótica [QUÍM/FÍS]

    presión osmótica.

  11. presión parcial [QUÍM/FÍS]

    Presión que exerce, nunha mestura de fluídos, cada un dos compoñentes. Nunha mestura de gases perfectos, cada compoñente exerce unha presión que lle correspondería se ocupase el só o volume que o contén.