"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Aplícase ao músculo situado na rexión perineal que contribúe ao mecanismo da erección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte posterior e inferior do óso coxal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política de carácter trostkista, organizada en Galicia dende finais de 1930 coa denominación inicial de Federación Gallega de Grupos de la Organización Comunista de España. Integrou un reducido círculo de traballadores e intelectuais das cidades da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo e Ourense e dalgunhas vilas como Padrón, Ribeira ou Noia. Rebautizada en 1932 como Izquierda Comunista de España (ICE), dos seus membros destacan aos irmáns Granell, C. Fernández Mazas e E. Fernández Sendón, L. Fersen, un dos principais teóricos do seu voceiro Comunismo. A finais de 1935, fusionouse co Bloc Obrer i Camperol (BOC) para conformar o Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación política constituída en España en 1882 por liberais opostos á política moderada de Práxedes Mateo Sagasta, dos que destacan a F. Serrano e U. Montero Ríos. En 1892 retornou ao Partido Liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político republicano fundado en 1934 pola fusión de Acción Republicana de M. Azaña, os radicalsocialistas de M. Domingo e a ORGA de S. Casares Quiroga. En 1935 pactou coa Unión Republicana e co Partido Nacional Republicano, e formou parte da Frente Popular nas eleccións xerais de 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación de partidos políticos e organizacións e movementos sociais, formada en 1986 como coalición de partidos e integrada polo PCE, o Partido de Acción Socialista (PASOC), o Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE), Izquierda Republicana, Federación Progresista e Partido Humanista, cun programa que propuña unha alternativa de goberno de esquerda. Estes grupos foron abandonando paulatinamente a coalición, e en 1997 produciuse a escisión de Nueva Izquierda, e a ruptura cos grupos catalán Iniciativa per Catalunya (IC) e galego Esquerda Galega (EG). Os seus coordinadores xerais foron Gerardo Iglesias, Julio Anguita, Francisco Frutos e Gaspar Llamazares   desde 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e director de orquestra. Estudiou Contrapunto, Harmonía e Composición en Madrid e fixo cursos especiais en Austria con Herbert von Karajan. É catedrático dos conservatorios superiores de Sevilla e Madrid e kapellmeister polo Mozarteum de Salzburgo. Gravou varios discos de música clásica e dirixiu distintas orquestras en actuacións por todo o mundo. Entre os premios que posúe destaca a Cruz de Alfonso X el Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. De formación autodidacta, reside en Vigo desde 1971. Comezou cunha linguaxe figurativa que evolucionou cara ao surrealismo, o expresionismo, a abstracción e a abstracción xeométrica. Traballou o óleo, a acuarela, o acrílico, os pigmentos naturais e as colaxes. Na década de 1990 comezou a realización de móbiles interactivos, nos que o espectador intervén de forma directa na obra. Realizou exposición individuais en Vigo, La Rioja, Zamora e Madrid e participou en numerosas colectivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou na Escuela Superior de Bellas Artes de Madrid e foi catedrático nas escolas de Artes e Oficios da Coruña e Madrid. Cultivou o retrato e os temas costumistas. Caracterizouse polo dominio do debuxo e da cor. Colaborou como crítico de arte na prensa escrita. Foi académico da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, no val do río Guadalquivir (2.489 h [2001]). Ten industrias de elaboración de aceite de oliva. Do seu patrimonio cultural destaca o castelo de Las Huelgas ou de Esquivel, declarado Ben de Interese Cultural en 1993.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina que, encaixada nun tear, permite a evolución independente de cada un dos fíos de urdido e, así, a reprodución de debuxos máis grandes e máis complicados que coa máquina de lizos. Consta, fundamentalmente, dunha táboa (táboa de encolares) cun gran número de buratos por onde pasan os encolares e sobre o que descansan os ganchos a cada un dos que vai suxeito un encolar. De cada encolar poden colgar tantas arcadas como veces sexa repetido o debuxo no ancho do tecido, que se distribúen por medio da táboa de arcadas. Cada táboa leva un mallón, por onde pasa un fío de urdido e, na parte de abaixo de todo, un peso de chumbo. Cada gancho pasa polo ollo dunha agulla horizontal que un pequeno resorte mantén nunha posición na que o gancho se agarra a unha coitela horizontal (grifa) que ten un movemento ascendente. Cando a grifa sobe, leva o gancho, xunto co encolar e as arcadas e os fíos de urdido correspondentes....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Inventor. Fillo dun tecedor de brocados, traballou cos teares do seu pai. En 1801 inventou unha máquina rudimentaria (a máquina jacquard) que simplificaba a reprodución dos debuxos nos tecidos, á vez que permitía a obtención de mostras máis grandes. En 1806 foi declarada de utilidade pública.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e miniaturista. Traballou na decoración do castelo de Poitiers (1384), e ilustou para o duque Jean de Berry as Très Belles Heures du duc de Berry (1402?) e as Très Grandes Heures (1409).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revolta campesiña que se produciu en 1358 na rexión de Beauvais para protestar contra a fame e as depredacións da soldadesca á que deu lugar a Guerra dos Cen Anos. Os revolucionarios, coñecidos como jacques (nome dado por escarnio aos campesiños, que vén á súa vez de Jacques Bonhomme), incendiaron castelos, pero foron vencidos polos nobres preto de Meaux e sufriron unha forte represión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Veracruz, México (390.590 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Coñecido como Jaqui, ensinou en Pisa e probablemente en Florencia. Escribiu, en latín, un tratado contra Avicena e un comentario á parte patolóxica do Kitāb al-man ṣ ūrī, de al-Rāzī (In nomun librum Rasis ad Almansorem, 1564).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pedagogo. Ideou un método de ximnasia rítmica (eurorítmica) para os nenos, baseado na música, e fundou o Institut Jaques-Dalcroze de Xenebra. Realizou os seus primeiros estudios musicais con Fauré, Delibes e Bruckner. Escribiu tanto obras pedagóxicas (L’éducation par le rythme, 1907) como musicais (Sancho Panza, 1897).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lleonard Jaques.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor.   As súas obras, impregnadas dun gran sentido humorístico, fixérono moi popular. Foi autor de novelas (Amor se escribe sin hache, 1929; Pero... hubo alguna vez once mil vírgenes?, 1931; La tournée de Dios, 1932), aínda que destacou como dramaturgo, xénero en que está considerado como un precursor do teatro do absurdo, con Angelina o el honor de un brigadier (1932), Los ladrones somos gente honrada (1941) e Eloísa está debajo de un almendro (1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pediatra. Iniciou os seus estudios de medicina na Universidade de Santiago de Compostela e rematounos na de Madrid. Foi director da Escuela Nacional de Puericultura, xefe da sección de estudios biométricos-estatísticos do CSIC e director e fundador da Clínica Infantil de La Paz. Escribiu diversos artigos en revistas e libros, entre eles, Deshidratación en el Lactante (1955) ou Síndromes Pediátricos Dismorfogénicos (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO