"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Xeneral e político. Participou nas Guerras Balcánicas e durante a Segunda Guerra Mundial fomentou a resistencia contra o Eixe. Prendido e deportado a Alemaña, ao ser liberado, o goberno grego outorgoulle o rango de mariscal (1947). En 1949, con poderes especiais, rematou a guerra civil. Tres anos despois presidiu o goberno e impuxo en Grecia unha política filooccidental.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de México, de 440 km de lonxitude, que nace nos montes do estado de Oaxaca e desemboca na lagoa de Tequiapán.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ou quen amosa pouca intelixencia, é inocente e resulta fácil de enganar.
-
Que ou quen se asombra ante calquera cousa e perde a capacidade de reacción.
-
-
PERSOEIRO
Político e economista grego, fillo de Papandreu. Ocupou dous ministerios sucesivos no goberno de seu pai (1964-1965). Prendido pola Ditadura dos Coroneis, en 1967 exiliouse. En 1974 volveu a Grecia, onde fundou e encabezou o Panellino Socialistiko Kinima (Movemento Socialista Panhelénico, PASOK). Foi primeiro ministro de Grecia (1981-1989 e 1993-1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político grego, pai de Andreas Georgios Papandreu. Fundador do partido socialdemócrata, tivo que exiliarse durante a ditadura de I. Metaxas. Loitou contras os alemáns (1941-1944) e, en Exipto, foi o xefe do goberno grego no exilio. Como representante da Unión do Centro, foi primeiro ministro grego (1963), pero entrou en rivalidade con Constantino II, que o destituíu (1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de citodiagnose que se emprega para a detección precoz do cancro de útero, baseada no exame citolóxico dun frotis vaxinal.
-
PERSOEIRO
Músico. Coñecido como Vangelis, comezou a súa carreira musical no grupo pop Formynx para logo pasar a formar parte de Aphrodite’s Child, xunto a Demis Roussos e Loukas Sideras. Xa en solitario, desenvolveu un estilo moi persoal e próximo á new age, feito que lle valeu o recoñecemento internacional. Os seus contactos co mundo do cine foron continuos, e destacou a súa participación en filmes como Chariots of Fire (1981, Oscar á mellor banda sonora orixinal), Blade Runner (1982), 1492: Conquest of Paradise (1992) e Alexandre (2004). Da súa discografía destacan Earth (1973), Direct (1988) e Mythodea (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada na Coruña a partir de 1829. Cesou en 1839. Impresa por Pascual Arza nos seus obradoiros, foi un xornal sen periodicidade fixa, pois a súa saída estaba motivada polas circunstancias. Incluíu as informacións máis relevantes do momento. A partir de 1837 editouno Francisco Arza, fillo de Pascual.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada na Coruña a partir de setembro de 1986. Editada polo servizo municipal de Educación da cidade, tratouse dunha publicación especializada en literatura infantil cunha periodicidade irregular. Coordinada por Mª Jesús Fernández, tivo como obxectivos a promoción da lectura e a dinamización cultural. Incluíu entrevistas, creacións literarias e traballos sobre coñecidos escritores estranxeiros de literatura infantil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista literaria mensual publicada en Madrid e Palma de Mallorca a partir de abril de 1956. Cesou en marzo de 1979 (nº 276). Editada baixo a dirección de Camilo José Cela, estivo dedicada á poesía, aínda que tamén publicou traballos de filosofía, escultura e pintura. Cun formato libro, incluíu ensaios e estudos literarios, análises, creacións literarias e orixinais inéditos de numerosos autores galegos, españois e estranxeiros. Nela colaboraron as principais figuras da literatura da época e nalgúns números editáronse monográficos dedicados a Miró, Picasso, Rubén Darío e Valle-Inclán. Baixo este mesmo título creouse unha editorial coa que se publicaron libros de diversos autores.
-
PERSOEIRO
Político alemán. Militou no Deutsche Zentrumspartei (Zentrum), na súa facción máis dereitista, e foi deputado no Reichstag (1921-1932). Elevado á chancelaría (1932), realizou unha política autoritaria e favoreceu os nazis. Logo de dimitir aquel mesmo ano, foi vicechanceler de A. Hitler (1933-1934) e embaixador en Austria (1934-1938) e Turquía (1939-1944). Absolto no Proceso de Nuremberg (1946), foi encarcerado en Alemaña ata 1949.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor cristián. Bispo de Hierápolis de Frixia, cóntase entre os pais apostólicos. É importante na historia da incipiente tradición testamentaria a causa da súa antigüidade e como autor de Explicación das palabras do Señor, obra hermenéutica sobre os ditos de Xesús Cristo, conservada de forma fragmentaria. A súa festividade celébrase o 25 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor italiano. De personalidade controvertida, colaborou desde 1900 ata 1915 nas revistas Leonardo (1903-1907), La voce (1903-1907) e Lacerba (1913). Entre 1900 e 1915 escribiu os seus libros máis significativos de filosofía, poesía, literatura e crítica literaria, dos que destaca a autobiografía Un uomo finito (1912). Convertido ao catolicismo, compuxo obras ascético-morais, como Storia di Cristo (1921) e Il diavolo (1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurisconsulto romano. Exerceu a avogacía e a maxistratura. Foi considerado príncipe dos xurisconsultos romanos, e a denominada lei de citas de Teodosio e Valentiniano III (426) confirmou a autoridade da fonte de dereito da súa doutrina. Das súas obras destacan as Responsa e as Quaestiones.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático grego. É autor dunha Colección matemática en oito volumes. Enunciou, ademais, algúns teoremas xeométricos propios.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado de Asia meridional, situado entre Irán ao O, Afganistán ao O, NO e N, China ao NL, India ao L, e o mar de Arabia ao S (796.095 km2; 140.673.000 [estim 2001]). A súa capital é Islāmābād.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Está formado por tres rexións: a rexión montañosa do N-NL, Baluchistán e o val do Indo. A primeira inclúe unha parte do Karakorum, os contrafortes do Hindu Kush ao O e do Himalaia ao L. O clima é alpino, con precipitacións abundantes, sobre todo de neve, que no desxeo provocan as fortes crecidas do Indo e dos seus afluentes; o bosque desaparece coa altitude e no extremo N dominan os glaciares. A rexión de Baluchistán está formada polos contrafortes do altiplano iraniano, que descende cara ao Indo; os ventos secos e cálidos convértena nunha vasta extensión desértica e estépica, interrompida por lagos salgados e relevos irregulares, pouco apta para o cultivo. O val do Indo,... -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibiu un dos dous territorios en que se dividiu o estado de Paquistán, desde a súa formación (1947) ata a independencia de Paquistán Oriental (1972). Constitúe o estado paquistaní.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibiu un dos dous territorios en que se dividiu Paquistán, desde a súa formación (1947) ata 1972, ano da súa independencia. É o territorio do estado de Bangladesh.
-
-
Relativo ou pertencente a Paquistán ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Paquistán.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hiperplasia das células espiñentas do corpo mucoso de Malpighi.