Papel Volante

Papel Volante

Publicación editada na Coruña a partir de 1829. Cesou en 1839. Impresa por Pascual Arza nos seus obradoiros, foi un xornal sen periodicidade fixa, pois a súa saída estaba motivada polas circunstancias. Incluíu as informacións máis relevantes do momento. A partir de 1837 editouno Francisco Arza, fillo de Pascual.