"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
PERSOEIRO
Poeta. Relixioso franciscano, da súa produción destaca Elorri (1962), Hiru gizon babarka (1974), Udabatez Madrileu (1977) e Denbora galdu alde (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘moa’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, e tamén do verbo dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘comer’.
-
-
-
Conxunto de animais cuadrúpedes criados e explotados polo home.
-
cabeza de gando
Cada un dos individuos que forman parte do gando.
-
gando groso
Gando constituído por animais de tamaño relativamente grande como o cabalo, a mula, o asno ou os bois e as vacas.
-
gando miúdo
Gando formado por animais de tamaño relativamente pequeno como as ovellas, as cabras ou os porcos.
-
-
Conxunto de persoas sen vontade propia.
-
-
-
Superficie plana que, debido a unha disposición topográfica endorreica e unha litoloxía impermeable, polo xeral de orixe sedimentaria, adoita estar asolagada.
-
Tronco queimado de xesta ou de urce.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
folgazán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coser dúas teas ou preparar unha costura ou unha peza de roupa mediante o ganduxo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Costura provisional con puntadas longas.
-
GALICIA
Violinista, compositor e director de orquestra. Comezou unha carreira como concertista de violín por diversos países, e en 1895 saíu dende o porto de Vigo cara a Cuba, México e Arxentina. Estableceuse en Bos Aires e exerceu a docencia musical, compaxinada cos concertos por América e Europa, e creou o seu propio conservatorio. En 1925 instalouse en Francia e en 1933 definitivamente en Bos Aires, centrándose no ensino e na composición. Autor de música orquestral, de cámara, cancións, transcricións, himnos, pezas pianísticas e para violín, da súa produción destacan as suites para piano Aires gallegos e Nuevos aires gallegos, a ópera Amor vedado, a sinfonía En las montañas de Galicia, o poema sinfónico Crepúsculo en la Alhambra, a peza para orquestra e corda Impresión nocturna, a canción para piano Rosa de abril, inspirada no poema de Rosalía de Castro, e o Himno al centenario de la Independencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
arento.
-
ara de madeira suxeita á cabeza do rodicio que xira sobre a pedra fixa, que se utiliza para detectar os puntos nos que esta non está a nivel.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
agarandar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Embarcación fluvial de carga que se emprega en América do Sur.
-
PERSOEIRO
Poeta pertencente á escola galego-castelá. Activo aproximadamente entre 1365 e 1400 na corte de Xoán I, perdeu o favor real logo de casar cunha mourisca e renegar do cristianismo para converterse en mahometano. No Cancionero de Baena, recóllense trece poemas da súa autoría; cinco son composicións amorosas -nas que retoma a tradición provenzal máis clásica- e o resto relixiosas, tanto de loanza a Deus como gozos á Virxe María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e xornalista. Colaborador das publicacións Galicia Humorística, O Tío Marcos da Portela e El Censor, fundou El Escobón y Las Riberas del Mendo. Da súa produción destaca Orballeiras (1887), poemario en galego e castelán.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1952-1956), foi avogado do Estado desde 1961 e xefe da avogacía do Estado na Coruña desde 1978. De 1971 a 1974 foi tenente alcalde do concello coruñes e, entre 1974-1975, representante de Galicia na Junta Democrática de España. Líder de Esquerda Democrática Galega durante a transición, foi deputado pola Coruña no Congreso na II lexislatura (1982-1986) e no Parlamento galego na I (1981-1985), pola UCD.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e profesor. En 1875 rematou a carreira de enxeñeiro de camiños, canais e portos e foi destinado a Gijón como director-xefe das obras do porto. En 1889 trasladouse, provisionalmente, a Pontevedra e, en 1890, foi destinado a Vigo como enxeñeiro civil do porto, onde recibiu (1892) a visita de Francisco Giner de los Ríos. Foi accionista e continuador das tarefas que desenvolvía súa nai, Concepción Arenal, na Institución Libre de Enseñanza, ademais de participar nas excursións instrutivas (1879-1880). Foi un dos impulsores da realización da primeira colonia escolar do Museo Pedagógico Nacional (1887). En 1890 consta como profesor de mecánica aplicada na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Como director deste centro (1895-1901), proxectou o seu espírito institucionista e contribuíu á formación da clase obreira e elaborou un novo regulamento da escola. Os seus presupostos educativos (máis intuitivos e en contacto coa realidade) quedaron reflectidos no BILE (1892). Xunto con Fernando...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Restaurador no Museo do Pobo Galego, foi profesor en diversas escolas taller. Realizou, entre outros, os monumentos á Tuna compostelá, ao Emigrante en Silleda, a Don Bosco en Santiago, a Juanito Acuña na Coruña, a Quixeira en Arzúa, a Camilo José Cela en Bandeira, e outras esculturas públicas en Francia, Alemaña, Italia, Suíza, Arxentina, República Dominicana, Venezuela e Nova York.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Participou no Batallón Literario (1810) e nas campañas contra os independentistas en América Latina e Filipinas. Elixido deputado por Lugo (1836), foi nomeado de xeito interino ministro de Guerra e de Marina. Ascendeu a tenente xeneral en agosto de 1836 e volveu a Filipinas, onde desempeñou as funcións de gobernador, capitán xeneral e presidente da Audiencia. Elixido senador por València (1839), foi ministro de Marina, Comercio y Gobernación de Ultramar (1841-1842) e capitán xeneral de Galicia (1843). Dende 1853 foi conselleiro de goberno do Banco Español de San Fernando. Entre outras obras publicou: Memorias para la historia de las armas españolas en el Perú (1842). Concedéronlle as grandes cruces de San Hermenegildo e San Fernando.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Financeiro. Diplomado en Empresas pola Escola de Negocios INSEAD e pola Universidad Complutense de Madrid. Desenvolveu a súa carreira profesional no Banco de Santander, no que acadou o cargo de subdirector xeral en 1993. Trala conversión en Banco Santander Central Hispano (BSCH), foi nomeado membro da Comisión Directiva, director xeral da Banca de particulares e director xeral do BSCH. Colabora en publicacións especializadas e patrocina diversas obras da cultura galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Coñecido como Corpus Barga, sobresaíu no ensaio de tipo xornalístico. Exiliado en 1939, escribiu Los pasos contados (1963-1967) e Los galgos verdugos (1973).
VER O DETALLE DO TERMO