Garci Ferrandes de Gerena
Garci Ferrandes de Gerena
Poeta pertencente á escola galego-castelá. Activo aproximadamente entre 1365 e 1400 na corte de Xoán I, perdeu o favor real logo de casar cunha mourisca e renegar do cristianismo para converterse en mahometano. No Cancionero de Baena, recóllense trece poemas da súa autoría; cinco son composicións amorosas -nas que retoma a tradición provenzal máis clásica- e o resto relixiosas, tanto de loanza a Deus como gozos á Virxe María.