"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Pequeno feito particular, máis ou menos curioso e pouco coñecido.

    2. Sucesión de feitos exteriores que constitúen a trama argumental dunha obra narrativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de anécdotas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que fai referencia principalmente ou exclusivamente ás anécdotas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canal das Antillas que comunica o Atlántico co mar das Antillas, situado entre as illas Anguila e San Martín ao leste e as illas Verges ao oeste.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cubrir de auga un lugar ou un terreo.

    2. Cubrir coa auga, meter a alguén debaixo da auga.

    3. Cubrirse coa auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta galés. Documentado historicamente na Historia Brittonum, de Nennius, ao redor do ano 800, foi o autor do poema Gododdin, que fora transmitido por tradición oral antes da aparición dos manuscritos, uns tres séculos máis tarde. O poema contén a primeira referencia bibliográfica ao Arturo histórico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise da árbore que un ano dá moita froita e o outro moi pouca ou ningunha.

    2. Dise do terreo que se dedica un ano a un cultivo e o seguinte a outro diferente. Así conséguese a alternancia na produción e un maior aproveitamento das substancias nutritivas da terra.

    3. Que depende de como transcorre o ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Régoa, Cedeira preto do santuario de Santo Andrés de Teixido. As súas armas levan, en campo de ouro, unha tenda de campaña de goles cunha bandeira de prata na súa cima.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Liñaxe orixinaria da Coruña. Outro apelido relacionado con esta caste é Anelo. As súas armas levan, sobre campo de goles, un anel.

      1. Peza de metal ou doutra materia resistente, en forma de círculo que se aplica a un obxecto envolvéndoo ou cinguíndoo.

      2. Cada unha das pezas dunha cadea, dunha gramalleira, etc.

      3. Aro pequeno que serve para soster algo.

      4. Pequeno círculo de ouro, prata ou outros metais, liso ou labrado, adornado ou non con pedras preciosas, esmaltes, etc, que se leva no dedo como adorno.

      5. Tira de papel coa que se envolve un cigarro.

    2. Peza de ferro cuadrangular, cun gonzo que serve para subir e baixar a punta do arado e facer que se afunda máis na terra.

      1. Órgano, área ou materia de forma anular, como as aberturas que presentan certos músculos ou aponeuroses para dar paso a vasos, nervios, etc. No home distínguense, por exemplo, o anel crural, a abertura abdominal do conduto femoral; o anel traqueal, que é calquera das cartilaxes traqueais; o anel umbilical, na abertura da parede abdominal para dar paso ao cordón umbilical, etc.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Couso de Limia, no concello ourensán de Sandiás. Os seus señores foron donos da casa de Telleiro e da torre fortaleza de Cuadro trala súa unión cos de Cea. Segundo algúns investigadores as súas armas poderían ser falantes e talvez estivesen representadas polo año dos escudos de Cea, cos que entroncaron.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Peza de metal ou doutra materia resistente, en forma de círculo que se aplica a un obxecto envolvéndoo ou cinguíndoo.

      2. Cada unha das pezas dunha cadea, dunha gramalleira, etc.

      3. Aro pequeno que serve para soster algo.

      4. Pequeno círculo de ouro, prata ou outros metais, liso ou labrado, adornado ou non con pedras preciosas, esmaltes, etc, que se leva no dedo como adorno.

      5. Tira de papel coa que se envolve un cigarro.

    1. Peza de ferro cuadrangular, cun gonzo que serve para subir e baixar a punta do arado e facer que se afunda máis na terra.

      1. Órgano, área ou materia de forma anular, como as aberturas que presentan certos músculos ou aponeuroses para dar paso a vasos, nervios, etc. No home distínguense, por exemplo, o anel crural, a abertura abdominal do conduto femoral; o anel traqueal, que é calquera das cartilaxes traqueais; o anel umbilical, na abertura da parede abdominal para dar paso ao cordón umbilical, etc.

      2. Cada un dos segmentos que compoñen o corpo dos anélidos e o esqueleto externo dos artrópodos.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe orixinaria da Coruña. Outro apelido relacionado con esta caste é Anelo. As súas armas levan, sobre campo de goles, un anel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica de diversas reaccións empregadas para a construción de aneis carbonados a partir dun composto cíclico preexistente e dun fragmento de cadea aberta. Un exemplo coñecido é a anelación de Robinson.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de anelar.

      1. Composto de aneis ou argolas.

      2. Adornado, provisto de aneis ou argolas.

      3. Envolto ou cuberto con algo ao seu redor.

    2. anélido.

    3. Sistema de marcaxe que consiste en poñer aneis nas patas ou outras partes dos animais para recoñecelos.

    4. Aplícase aos vasos ou tráqueas provistos de reforzos anulares de lignina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de anelar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Colocar un anel nun determinado espazo ou lugar.

    2. Dar forma de anel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comportamento non perfectamente elástico dun corpo. Unha vez anulada a orixe da deformación, o corpo non recupera as dimensións ou forma orixinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise da substancia non susceptible de electrizarse por fricción se non é tomando precaucións especiais para illala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mesteiral, xeralmente xudeu ou converso, especializado na fabricación de aneis planos, caracterizados polos distintivos dunha ou tres letras e usados por persoas de orixe hebrea.

    VER O DETALLE DO TERMO