Añel

Añel
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe orixinaria de Couso de Limia, no concello ourensán de Sandiás. Os seus señores foron donos da casa de Telleiro e da torre fortaleza de Cuadro trala súa unión cos de Cea. Segundo algúns investigadores as súas armas poderían ser falantes e talvez estivesen representadas polo año dos escudos de Cea, cos que entroncaron.

Palabras veciñas

aneiro -ra | Aneiros | anel | Añel | anel | Anel | anelación