"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
CAPITAIS
Capital do departamento de Cher, na rexión do Centro, Francia, situada na confluencia dos ríos Yèvre e Auron (75.609 h [1990]). Encrucillada de estradas e ferrocarrís, as súas principais funcións son as administrativas: é sé arcebispal e sede xudicial. Tamén é un importante núcleo industrial, destacado no sector do armamento e das construcións aeronáuticas. Capital dos cubios bitúrigos, que a chamaron Avaricum, baixo Augusto foi capital da Aquitania Prima. Durante a Idade Media foi gobernada por arcebispos que viron diminuída a súa autoridade polos vizcondes de Bourges e polos duques de Berry. En 1101 a cidade uniuse ao dominio real. Durante a Guerra dos Cen Anos converteuse en residencia de Carlos VII. Foi unha das cidades máis ricas do reino debido, sobre todo ás operacións comerciais e financeiras de Jacques Coeur (1418-1450). A catedral de Bourges (Saint Étienne, 1192-1324), de estilo gótico moi puro, ten cinco portadas aliñadas, a central con esculturas que representan...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor simbolista. Autor das seguintes novelas: Le crépuscule des dieux (O crepúsculo dos deuses, 1884), Les oiseaux s’envolent et les fleurs tombent (Os paxaros voan e as flores caen, 1893), e do poema “La nef” (A nave, 1904 e 1922).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista e crítico francés. Formouse dentro do Positivismo, seguidor de Taine. O seu primeiro éxito foi Essais de psychologie contemporaine (Ensaios de psicoloxía contemporánea, 1883-1885). Sobresaíu rapidamente como autor de novelas psicolóxicas, pero a análise de base científica das súas primeiras novelas, Cruelle énigme (Enigma cruel, 1885) ou André Cornélis (1886), evolucionou cara a unha actitude moralista, de denuncia do Positivismo, como en Le disciple (O discípulo, 1889), Cosmopolis (1893), L’étape (A etapa, 1902) ou L’émigré (O emigrado, 1907). As súas novelas de personaxes burgueses están moi ben estruturadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Barón de Bourgoing. Escritor e diplómatico francés. Foi embaixador en Madrid (1792 e 1793) e negociou os acordos que levaron ao Tratado de Basilea (1795). Escribiu Nouveau voyage en Espagne (Nova viaxe a España, 1788), titulada en edicións posteriores Tableau de l’Espagne moderne (Cadro da España moderna), obra de grande utilidade para os estudiosos da Península Ibérica do s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político tunesino. Estudiou leis na Université da Sorbonne. Exerceu de avogado en Tunes e converteuse en militante do partido Destour do que se separou en 1934 e fundou o Parti Socialiste Destourien. Emprendeu unha intensa propaganda en favor da independencia de Tunisia, feito polo que estivo en prisión. Trasladado a Roma en 1940, apoiou os aliados na Segunda Guerra Mundial. Regresou ao seu país en 1942 e foi arrestado polos alemáns. Fuxiu de Tunes en 1945 e instalouse no Cairo. Foi aceptado polos franceses como mediador nas negociacións pola independencia (1954-1956). Foi Presidente da Asemblea Nacional e xefe do goberno (1956), máis tarde proclamou a República (1957), da que foi Presidente. Estableceu un programa socializador baseado na reforma agraria e nas colectivizacións industriais e comerciais. Participou no FNL de Alxeria e conseguiu a retirada das forzas francesas da base de Bizerta. En 1974 foi proclamado presidente vitalicio do seu partido, e no ano seguinte de Tunisia. Dende...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Visionaria francesa. As súas obras, de carácter autobiográfico, foron censuradas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Reporteira gráfica. Estudiou en diversas universidades norteamericanas. Comezou a traballar para a revista Life en 1935. Destacou polo seu labor fotográfico nos campos de concentración nazi de Buchenwald (1945) e polo traballo feito ao redor da figura de Gandhi na India. En 1952 estivo presente no conflito de Corea. Abandonou o seu traballo en 1956 por motivos de saúde. Entre as súas obras destacan: The story of steel (A historia de aceiro, 1928), Eyes on Russia (Unha ollada de Rusia, 1931), USSR Photographs (Fotografías da URSS, 1934), Say, is this the USA (Confesa, isto é USA, 1941), Shooting the Russian War (O bombardeo na guerra de Rusia, 1942), Halfway to freedom (A medio camiño cara á liberdade, 1949) e Portrait of myself (Autorretrato de min mesma, 1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do condado de Dorset, no SO de Inglaterra, Reino Unido, situada á beira da baía de Poole, no canal da Mancha (160.749 h [1996]). Núcleo manufactureiro e turístico, posúe un sector hostaleiro moi desenvolvido. A Bournemouth Symphony Orchestra, creada en 1893, ten dende 1947 a súa sede nos xardíns de inverno da cidade, construídos en 1876.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tioantimoniato de cobre e chumbo, de fórmula PbCuSbS3. Preséntase en cristais rómbicos holoédricos pseudotetragonais de cor gris do chumbo e de brillo metálico. Ten dureza 2,5-3 e peso específico 5,8.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia flamenga descendente dunha rama dos condes de Guines que foi señora de Bournonville en Boulonnais. En 1600 Alexandre de Bournonville (morto en 1656), conde de Hennin e embaixador do emperador, foi nomeado duque de Bournonville polo Rei de Francia. Casou con Ana de Melun, marquesa de Risbourg. O seu fillo Alexandre de Bournonville foi nomeado príncipe de Bournonville por Filipe IV. O seu irmán, Xoán Francisco de Bournonville , foi profesor de campo en Catalunya, onde casou coa herdeira dos vizcondes de Jóc, Maria de Perapertusa (1659). O seu fillo Francisco de Bournonville e de Perapertusa (1660-1731) marqués de Rupit, casou en 1681 con Maria Manuela de Erill, baronesa de Orcau, e foron pais de Francisco-Salvador de Bournonville e de Erill , segundo marqués de Rupit. Fillo da segunda muller de Xoán Francisco foi Miguel Bournonville e de Sainte-Aldegonde...
-
PERSOEIRO
Bailarín e coreógrafo danés. Foi o primeiro bailarín da ópera de París (1826).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Danza francesa de movemento rápido e compás binario. Foi moi popular nos ss XVII e XVIII, e no Barroco incluíuse como danza optativa da suite. Foi moi empregada por Lully, Rameau, Haendel e Bach, entre outros compositores.
-
PERSOEIRO
Novelista, poeta e dramaturgo francés. Atacou a Molière e discutiu con Boileau. É o autor de Le mercure galant (O mercurio galante, 1683) e de Ésope à la cour (Esopo no curral, 1711).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cerralleiro, orfebre e reloxeiro francés. Asentado en Santiago de Compostela dende 1522, foi reloxeiro da cidade. Para a súa catedral forxou as desaparecidas reixas da capela maior e do coro (1540), as das capelas de Alba ou da Transfiguración (1531) e Santa Caterina (1545) e as aínda conservadas da capela Mondragón. Fixo tamén as reixas da antiga porta do Obradoiro (1522). Fabricou reloxos e outras obras de ourivería para o Hospital Real, para o mosteiro de Santa Clara realizou a reixa do locutorio (1541), e distintos traballos de cerralleiro no colexio de Santiago Alfeo (1544), no mosteiro de Monfero (1535) e no palacio da Real Audiencia da Coruña (1540).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Literato e beneditino checo. Traduciu a Mistral e a Verdaguer e o Libro de Amigo e Amado, de Raimundo Llull.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que leva como armas: en campo de prata, cinco torres de goles, postas en aspa.
-
PERSOEIRO
Poeta e crítico literario. Doutor en Filosofía e Letras. Na actualidade ocupa o cargo de vicesecretario da Real Academia Española. É autor de numerosos poemarios e de crítica literaria. Dentro da súa obra poética destacan os títulos: Subida al amor (1945), Hacia otra luz (1950), Oda en la ceniza (1967) e Metáfora del desafuero (1988), entre outros. Foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias das Letras; Premio Nacional de Literatura e co Premio Nacional de Crítica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e crítico musical. En 1838 obtivo o Premio Roma. Foi director de orquestra na Ópera de París e no Théâtre Italien. Escribiu música de igrexa e óperas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Foi un dos creadores da química agrícola. Aplicou ao estudo dos solos os métodos da análise química. Estudiou a procedencia do nitróxeno presente nos organismos vivos e determinou que o fixaban os vexetais. Foi profesor de Química na Facultade de Ciencias de Lyon e membro da Académie des Sciences.
VER O DETALLE DO TERMO