"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Elección ao Parlamento Europeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de europeizar ou europeizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido vasco creado en 1895 por Sabino de Arana. Limitado inicialmente a Bizkaia, estendeuse a comezos do s XX ás outras provincias vascas do territorio español. En 1911 creouse na súa órbita o sindicato ELA-STV (Solidaridad de Trabajadores Vascos). Participou nas eleccións municipais e provinciais con éxito, ata que en 1921 graves crises internas o conduciron a unha situación límite e a diversos fracasos electorais. Na Segunda República converteuse no máximo defensor da autonomía e do Estatuto. Trala sublevación de xullo de 1936, mantívose fiel á legalidade republicana e no mes de outubro seguiu participando nun goberno autonómico que presidiu o lehendakari José Antonio de Aguirre. Trala toma de Bilbao (xuño de 1937), o nacionalismo marchou ao exilio, instalándose o grupo principal do partido en Francia, onde tomou parte na resistencia durante a ocupación nazi. Volveu á loita clandestina ata a súa legalización en 1977. Desde entón foi a forza preponderante nas sucesivas consultas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurisconsulto bizantino. Cuestor e magister officiorum durante o reinado do Emperador Basilio II, foi o autor das sentencias que se recollen no manual de dereito Peira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriarca de Antioquía e bispo de Berea. Contrario ao arianismo enfrontouse durante o Concilio de Nicea (325) ao Emperador Constantino polo que foi deposto e desterrado. Escribiu un tratado contra Oríxenes e varias obras das que só se conservan fragmentos. A súa festa celébrase o 16 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de acumulación de sales minerais (nutrintes) nun ecosistema acuático, que comporta un crecemento masivo de algas. Este proceso prodúcese con rapidez, xa que o fósforo e o nitróxeno mineral, que son os factores que limitan o crecemento vexetal, son achegados polas augas contaminadas, especialmente pola acción da rega e da chuvia sobre os cultivos, que traen restos dos fertilizantes minerais cara aos ríos e lagos, e tamén pola afluencia das augas residuais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de evacuar.

    2. Conxunto de excrementos que se expulsan dunha vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de evanxelizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • aporización dun líquido na superficie que o separa da fase gasosa coa que se atopa en contacto. A evaporación débese á axitación térmica das moléculas do líquido e ten lugar mentres a presión parcial destes compoñentes na fase gasosa é inferior á presión de saturación. Industrialmente, aplícase a evaporación á concentración de solucións, eliminando unha parte do disolvente (xeralmente auga), para a obtención de substancias orgánicas de produtos naturais, para a separación de substancias que se obteñen por reaccións químicas en solución ou ben existentes en solucións naturais, para a conservación de produtos orgánicos ou, simplemente, para obter unha solución máis concentrada. A evaporación ten lugar nuns aparatos denominados evaporadores, e distínguese a evaporación de efecto simple, cando o paso da solución polo evaporador representa a operación completa, e a evaporación de efecto múltiple, cando se divide a operación en diversas fases en cada unha das cales se emprega...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Suma total da auga perdida por evaporación no solo e transpiración das plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de evaxinar.

    2. Protrusión dunha parte do corpo ou dun órgano a través dunha vaíña, un saco ou unha cavidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desigualdade periódica dos valores medidos da lonxitude astronómica das distintas posicións da Lúa, respecto aos seus valores teóricos. O período é de 31,807 días, e a amplitude de 1° 16’ 20,4”. A evección débese aos desprazamentos do perixeo da órbita lunar e ás variacións da súa excentricidade causadas pola atracción solar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino derivado do latín eventu ‘acontecemento’, e de aí Eventius ‘que ten éxito, famoso’. Houbo dous santos con este nome: un mártir en Zaragoza, que se celebra o 16 de abril, e outro mártir en Roma baixo Adriano (s II), que se celebra o 3 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Hernia das vísceras abdominais nun punto do organismo onde non existe orificio preexistente, xeralmente nunha cicatriz cirúrxica ou traumática.

    2. Ascenso cara á cavidade torácica dunha metade do diafragma, xeralmente da esquerda, xuntamente coa pleura e o peritoneo, que se produce por atrofia, traumatismo indirecto ou aumento da presión abdominal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acto de eviscerar.

    2. Extracción cirúrxica do contido da fosa orbitaria co raspado do periósteo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de evitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de evocar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Experimentar algo ou alguén unha evolución.

    2. Facer evolucións, especialmente xiros, voltas ou movementos militares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que, nun sentido amplo, concibe o universo como un sistema en evolución, e, nun sentido máis restrinxido, a vida como un proceso evolutivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao evolucionismo.

    2. Partidario ou seguidor do evolucionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO