"Est" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2747.
-
REXIÓNS
Rexión do NL de Afganistán, na fronteira con Paquistán. Montañosa e boscosa, comprende as vertentes do Hindū Kush. Antigamente chamábase Kafiristán, e os seus habitantes kafires (‘infieis’). Uniuse a Afganistán en 1890, converteuse ao Islam e recibiu o nome actual (‘país da luz’).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Club de baloncesto fundado en 1970 en Santiago de Compostela, que ascendeu á División de Honor en 1982. Anos despois de perder a categoría, entrou nun conflito xudicial coa ACB (Asociación de Clubs de Baloncesto) polo feito de reclamar a aliñación indebida dun xogador rival na eliminatoria de ascenso. Despois de varios anos de litixio, a entidade desapareceu como estamento deportivo e só existe como nome xurídico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura retórica que consiste en pór por testemuña dunha cousa a Deus, aos obxectos inanimados, aos homes ou á natureza.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Estrada. Construíuse en estilo románico durante o s XII, aínda que foi reformada durante o s XVIII. Consta de nave única e ábsida semicircular con cuberta abovedada e unida a un corpo rectangular do presbiterio. Destaca a decoración interior, cunha fileira de canzorros, que percorre a nave e a ábsida. A fachada foi reedificada en 1769, con porta arquitrabada, xambas lisas e lintel rectangular.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Foi xefe de fotografía do xornal Diario de Cuba (1939) e colaborou con xornais como El Mundo. As súas fotografías mostran algúns dos acontecementos máis importantes da historia de Cuba, como o asalto ao cuartel da Moncada ou o desembarco do Gramma, pero tamén fixo fotografías en que retratou o día a día da sociedade cubana, as regatas ou os bailes no Centro Gallego.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Punto intermedio ou rumbo equidistante do oeste e do noroeste. OBS: Represéntase co símbolo ONO.
-
Vento que sopra desta dirección.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
oés-suroeste.
-
-
Punto intermedio ou rumbo equidistante do oeste e do suroeste. OBS: Represéntase co símbolo OSO ou OSW.
-
ento que sopra desta dirección.
-
-
-
Punto cardinal por onde se pon o Sol nos equinoccios. OBS: Represéntase co símbolo O ou W.
-
Parte dunha rexión, territorio ou lugar que están situados cara ao oeste.
-
Vento que sopra desta dirección.
-
-
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Haití (4.827 km2; 2.494.862 h [1995]). A súa capital é Port-au-Prince.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Camerún (13.872 km2; 1.339.791 h [1987]). A súa capital é Bafoussam (200.000 h [1991]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Castellum Honesti.
-
-
Relativo ou pertencente aos oéstridos.
-
Insecto da familia dos oéstridos.
-
Familia de insectos, da orde dos dípteros, que presentan o corpo robusto de entre 9-25 mm e pezas bucais pequenas ou atrofiadas. As súas larvas son parasitas de mamíferos e provocan enfermidades como a míase. Comprende unhas 160 especies que se atopan distribuídas por todo o mundo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pobo mítico que se asentou no NO da Península Ibérica antes da chegada dos pobos celtas. Segundo a Ora maritima (s IV), obra do poeta e xeógrafo romano Rufo Festo Avieno, este pobo fuxiu por unha invasión dunha praga de serpes.
-
Oficina de Socorros e Traballo das Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina no Próximo OrienteVER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional creado pola Organización das Nacións Unidas en 1949 coa finalidade de axudar os refuxiados vítimas do conflito árabe-israelí de 1948. Con sede en ’Ammān e Gaza, estendeu a súa acción a Xordania, Líbano, Siria e aos territorios ocupados de Cisxordania e Gaza.
-
PERSOEIRO
Pintor portorriqueño. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e en París, onde foi compañeiro de Manet no taller de Couture e de Cézanne e Pissarro na Académie Suisse. Participou no Salon de 1865. Coincidiu estilisticamente cos impresionistas na súa primeira etapa, acusando máis adiante a influencia de Courbet. Realizou El estudiante, Un mendigo (1881), Las lavanderas (1887-1888) e El velorio (1891).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Documental dirixido por Leni Riefenstahl en 1938. Elemento propagandístico da Alemaña nazi, recolle os feitos máis destacables dos Xogos Olímpicos de Berlín (1936), como o momento en que se acendeu o pebeteiro, a proba de maratón ou as carreiras de Jesse Owens. Foi o primeiro documental sobre uns xogos olímpicos que se fixo na historia.
-
CIDADES
Cidade do judeţ de Bacau, Romanía (60.633 h [1998]). Entre 1965 e 1990 recibiu o nome de Gheorghe Gheorghiu-Dej. É un centro industrial onde destacan as industrias químicas de caucho sintético, unha central térmica e unha refinaría de petróleo.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital de Aruba, Países Baixos, e a única poboación importante da illa (21.000 h [1996]). Formouse ao redor dunha fortificación construída polos holandeses para defender a costa das incursións británicas e españolas. Ten refinaría de petróleo.
VER O DETALLE DO TERMO