oéstrido -da
oéstrido -da
(< lat científico Oestrus, xénero de insectos)
-
adx
Relativo ou pertencente aos oéstridos.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto da familia dos oéstridos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Familia de insectos, da orde dos dípteros, que presentan o corpo robusto de entre 9-25 mm e pezas bucais pequenas ou atrofiadas. As súas larvas son parasitas de mamíferos e provocan enfermidades como a míase. Comprende unhas 160 especies que se atopan distribuídas por todo o mundo.