"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Nobre. De nome Meropio Poncio Anicio Paulino, exerceu como poeta. Formouse na escola de Ausonio (Bordeos) e, despois de recibir o bautismo (389), trasladouse a Barcelona, onde o bispo Lampio o ordenou sacerdote (393). En 394 dirixiuse a Nola, cidade na que foi consagrado bispo en 409. Dos seus contactos con Ausonio e o futuro herexe Vilancio, cos bispos Martiño de Tours, Ambrosio e Agostiño, e con moitas outras persoas, consérvanse 51 Epistulae, ademais de 31 Carmina. Viste indumentaria episcopal e como atributos persoais, un prisioneiro ou unha muller aos pés. A súa festividade celébrase o 26 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Era mercador e abandonou o oficio para ser sacerdote. Dedicouse a servir a pobres e enfermos e fundou a orde pasionista (1720). A súa festividade celébrase o 19 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Tebas 229? - 343?) Relixioso. Está considerado, tradicionalmente, o primeiro ermitán, pois retirouse ao deserto durante a persecución de Decio. A única fonte biográfica sobre el é a Vita Pauli de Xerome, réplica da Vita Antonii de Atanasio. Segundo esta, foi compañeiro de santo Antón Abade e morreu aos 113 anos. Represéntase como un vello e porta palmeira, cranio, disciplinas e un corvo, que o alimentou durante sesenta anos. A súa festividade celébrase o 15 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (757-767), irmán e sucesor de Estevo III. Buscou a axuda da corte franca de Pipino o Breve que non secundou a súa política antilongobarda e antibizantina. O descontento dos aristócratas romanos foi a causa dunha revolta despois da súa morte. A súa festividade celébrase o 28 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - Nagasaki 5.2.1597) Mártir. Ingresou na Compañía de Xesús e foi un bo predicador. Morreu crucificado en Nagasaki, xunto con outros 25 mártires. A súa festividade celébrase o 6 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Tarso, Cilicia 7? - Roma? 67?) Apóstolo do cristianismo. Coñecido tamén como Paulo de Tarso ou apóstolo dos xentís, e mesmo como Apóstolo por antonomasia, posto que el mesmo se atribuíu este título, foi unha das figuras que máis contribuíu á expansión do cristianismo no mundo grecorromano. De familia xudía e, ao mesmo tempo, cidadán de Roma de nacemento, recibiu unha educación xudía, pero tamén foi educado nas letras gregas. Fariseo, perseguiu os cristiáns helenistas de Xerusalén, ata que se converteu cando intentaba estender a persecución en Damasco. Anos máis tarde Bernabé incorporouno aos dirixentes da comunidade de Antioquía e ao ano seguinte inciou na súa compañía a súa primeira experiencia misioneira (45-49) en que se demostrou xa a eficacia do seu apostolado. Noutras dúas viaxes estendeu o Evanxeo e implantouno solidamente en dúas capitais romanas: Corinto e Éfeso (49-58). Cando se propoñía ir a Roma para levar o Evanxeo ata a Península...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Tesalónica 285? - Capadocia 351) Mártir e bispo de Constantinopla (337-351). Asistiu ao Concilio de Nicea (325) e foi expulsado da súa sede en varias ocasións ata que foi reposto en 346. A súa festividade celébrase o 7 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe espartano, fillo de Cleómbroto I, da dinastía dos Áxidas. Sucedeu ao seu pai na tutela de Plistarco, fillo de Leónidas I. Rexente de Esparta, comandou os gregos a Platea (479) e na conquista de Bizancio (477), onde entrou en relacións con Persia, e por iso foi expulsado. Volveu ao seu país pero, acusado de traizón, morreu de fame no templo de Atenea, onde se refuxiara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Esparta, fillo de Plistoanax, da dinastía dos Áxidas. Cando aínda era menor de idade, reinou baixo tutela, por mor do exilio do seu pai. Unha vez no trono, opúxose a Lisandro e permitiu o retorno dos demócratas a Atenas (403 a C). Acusado de traizón, tivo que se exiliar a Tegea, onde morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, viaxeiro e xeógrafo grego. Percorreu Palestina, Exipto, Italia e, sobre todo, Grecia, a que describiu nos libros Ðåñé ή ãçóéò ô ῆ ò Åëëάäïò (Descrición de Grecia, 160 e 177), obra escrita nunha prosa aticista e nun estilo en que recorre á variatio, imitando a Herodoto. Se ben as fontes que utilizou eran inseguras, serviron como documento para a arqueoloxía e a historia das relixións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Inicialmente cultivou argumentos exóticos e despois o seu estilo evolucionou, e cultivou temas da natureza e vinculados coas teorías socialistas. Publicou libros históricos, biográficos e autobiográficos, ademais dun gran número de novelas e contos. Destacan as súas obras Kara Bugas (1932) e Zolotaja roza (A rosa dourada, 1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Danza cortesá aparecida en Europa cara a 1525, posiblemente orixinaria de Padua. Xeralmente de ritmo binario e pausada, era un baile de cerimonia ou de introdución a outras danzas. As coleccións de Petrucci e D’Attaingnant recollen exemplos desta variante. Desapareceu a mediados do s XVII como danza, pero mantívose como música instrumental.

    2. Música que acompaña esa danza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenor italiano. Considerado un dos intérpretes operísticos máis importantes de finais do s XX, debutou en 1961 no papel de Rodolfo na ópera La Bohème, de G. Pucini. Dotado dunha voz ampla, tecnicamente moi segura, e cunha gran capacidade para a interpretación escénica, especialmente nos papeis cómicos, actuou nos escenarios máis importantes do mundo, como La Scala de Milán (1965) ou a Metropolitan Opera de Nova York (1968), cun repertorio que abrangue óperas, recitais e cancións napolitanas e italianas. Realizou numerosas gravacións discográficas e compartiu cartel con José Carreras e Plácido Domingo no espectáculo Os tres tenores, que presentou en distintas cidades do mundo, como Roma (1991) e Los Angeles (1994). Rodolfo, Radamés (Aida), Manrico (Il Trovatore), Nemorino (L’elisir d’amore) e Cavaradossi (Tosca) foron algúns dos seus papeis máis destacados. Recibiu varios premios Grammy, a Commendatore di Gran Croce da República de Italia e a Légion d’Honneur en Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Creador do movemento nacionalista Ustaša, organizou o asasinato do Rei Alexandre I de Iugoslavia (1934) e refuxiouse en Italia. Os alemáns fixérono xefe do Estado Independente de Croacia (1941) e cedeu Dalmacia a Italia. Ao rematar a guerra exiliouse en Austria e, máis tarde, en Arxentina (1948) e España (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, primeiro marqués de Novaliches (1840). Moderado, baixo o goberno de Espartero emigrou a Francia e unha vez amnistiado volveu do exilio (1843) e loitou contra as tropas de Espartero en València. Foi ministro da Guerra (1847). En 1885, tras a caída de Narváez, encargouse de formar goberno, sen tomar posesión. En 1868 comandou as forzas realistas que se opuxeron aos revolucionarios. Emigrado de novo, volveu a España despois da Restauración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Capitán xeneral de Castela-A Mancha, axudou a E. Castelar e en 1874, coñecedor da derrota deste nas Cortes, entrou e disolveunas, co que rematou coa Primeira República Española. Foi capitán xeneral de Catalunya (1880-1881) e novamente de Castela-A Mancha (1885-1886).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e guionista cinematográfico ruso. Enviado a Turquía, Siria, Grecia, Italia e Francia, escribiu sobre os países orientais e occidentais. Formou parte do grupo de escritores Pereval e como guionista colaborou con Eisenstein en Aleksandr Nevsky (1938) e con Chiaureli en Pitsi (1946). A súa obra máis destacada é Sčast’e (A felicidade, 1947). Recibiu o Premio Stalin en catro ocasións (1941, 1947, 1948 e 1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo ruso. Estudou historia natural e medicina en Peterburgo. Gañou unha cátedra de Fisioloxía no seu país e estudou a regulación nerviosa da circulación, os reflexos condicionantes e a conduta. Recibiu o Premio Nobel (1904) de Fisioloxía e Medicina polo seu traballo, e chegou a ser o primeiro representante da ciencia soviética oficial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina rusa. Discípula dos irmáns Legat e de E. Cecchetti, ingresou na Escola Imperial Rusa en 1891. Partidaria das reformas emprendidas por Michel Fokine, pretendía unha interpretación máis natural da música nos seus bailes, en que introduciu elementos de danzas de países como Polonia, India ou Xapón. Obtivo un enorme éxito coa obra A morte do cisne (1905), de M. Fokine. Ata 1909 actuou na compañía de S. Diaghilev, quen a introduciu, xunto con Nižinskij, no mundo artístico parisiense. En 1910 formou unha compañía propia, con que percorreu EE UU (1913 e 1924) e Hispanoamérica.

    VER O DETALLE DO TERMO