pavana

pavana

(< ital pavana < padovana‘de Padua’)

  1. s f [MÚS]

    Danza cortesá aparecida en Europa cara a 1525, posiblemente orixinaria de Padua. Xeralmente de ritmo binario e pausada, era un baile de cerimonia ou de introdución a outras danzas. As coleccións de Petrucci e D’Attaingnant recollen exemplos desta variante. Desapareceu a mediados do s XVII como danza, pero mantívose como música instrumental.

  2. s f [MÚS]

    Música que acompaña esa danza.

Palabras veciñas

pautado -da | pautar | pauto | pavana | Pavarotti, Luciano | Pavelić, Ante | 1 pavés