pavana
pavana
(< ital pavana < padovana‘de Padua’)
-
s
f
[MÚS]
Danza cortesá aparecida en Europa cara a 1525, posiblemente orixinaria de Padua. Xeralmente de ritmo binario e pausada, era un baile de cerimonia ou de introdución a outras danzas. As coleccións de Petrucci e D’Attaingnant recollen exemplos desta variante. Desapareceu a mediados do s XVII como danza, pero mantívose como música instrumental.
-
s
f
[MÚS]
Música que acompaña esa danza.