"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • Provincia de Campania, Italia (4.922 km2; 1.075.451 h [2001]). A súa capital é Salerno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Golfo de Italia, situado no Mar Tirreno, entre punta Campanella, ao N, e punta Licosa, ao S, separado do golfo de Nápoles pola península de Sorrento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio italiano que se estendía ata Tarento, a parte costeira da actual provincia de Salerno e boa parte da chaira de Campania. Foi separado do principado de Benevento en 847 e converteuse nun principado longobardo independente. No s XI comprendía case toda a Italia meridional despois de someter os ducados de Amalfi, Sorrento e Gaeta e o principado de Capua, e foi reducido a vasalaxe aos condes normandos de Pulla-Calabria. Como título feudal foi posuído polos Orsini, condes de Nola, e polos Sanseverino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista brasileiro. Escribiu novelas de carácter social, das que destacan Cascalho (1944), Dados biográficos do finado Marcelino (1965), Histórias ordinárias (1966), Uma telha de menos (1970), O fruto do vosso ventre (1976), Rebanho do ódio (1995) e A prostituta (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á relixiosa da orde da Visitación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro do instituto feminino, con nome de Fillas de María Auxiliadora, orixinado pola transformación da Pía Unión de Fillas da Inmaculada fundada en Mornese (Piemonte) por Domenico Pestarino en 1855, como rama feminina dos salesianos, dirixida por san Xoán Bosco en 1872 e aprobada por Pío X en 1911. Foi cofundadora e superiora xeral Maria Domenica Mazzarello.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a san Francisco de Sales, aos salesianos ou ás salesianas.

    2. Membro da congregación relixiosa fundada en Turín por san Xoán Bosco en 1859 como Sociedade de San Francisco de Sales. Recoñecida por Pío IX en 1864, as súas Constitucións foron aprobadas en 1874. Naceu coa finalidade de educar cristianamente á xuventude pobre. Estendeuse por toda Europa e América Latina e a primeira casa en España foi o colexio de Utrera (1881). A actividade salesiana foi moi grande durante o primeiro século da súa existencia a través das escolas populares e profesionais e os oratorios festivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que deriva dunha advocación mariana, como homenaxe á Virxe aparecida en Salette-Fallavaux (Isère, Francia), o 19 de setembro de 1846 a dous pastores. A sú festividade celébrase o 19 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Nogueira (Meis). Erixida nos ss XVIII e XIX, organízase nunha planta baixa ao redor dun patio interior. Conserva unha capela de 1870 pegada á porta de entrada, que presenta na fachada un escudo que alude aos Pérez, Cardecid, Aballe e Losada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario mariano situado en Siador (Silleda). Trátase do primeiro santuario de España consagrado á Virxe da Saleta, fundado en 1865, e a única residencia que actualmente existe da Comunidade dos Misioneiros de Nosa Señora da Saleta, instalados aquí desde 1984. Xunto á igrexa atópase un centro de espiritualidade fundado en 1996. O 19 de setembro celébrase unha romaría en honor da Virxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor e director teatral. Director da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, colaborou en diversas revistas especializadas, dirixiu cursos e participou en tarefas de tradución e dirección de Teatro da Lúa ou Uvegá-Teatro. É autor das obras O arce no xardín (Premio Álvaro Cunqueiro 1988), estreada polo Centro Dramático Galego en 1989; Historia de Neera (1989), que foi finalista no devandito premio e estreada en 1990 por Teatro do Atlántico; Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado (2001), Matanza (2002), Molière final (2003) e Apnea (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exposición anual celebrada en París desde 1890 como alternativa ao Salon oficial. Creouse co nome incial de Societé Nationale de Beaux-Arts. Algúns dos seus membros fundadores foron E. Carrière ou F. A. Rodin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado en Tierra de Barros, entre as serras de Santa María e Salvatierra (2.173 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. En Roma foi alumno de Canova e Thorwaldsen. Conservador do Museo del Prado (1829), realizou a parte escultórica da fachada. Das súa sobras destacan os sepulcros do cardeal Luís María de Borbón na catedral de Toledo e o da condesa de Chinchón no palacio de Boadilla del Monte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vedra baixo a advocación de san Fins.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga fortaleza situada en Xiá (Friol). Construíuse sobre un antigo castro nos ss XII-XIII. Destruída durante as Guerras Irmandiñas, foi reconstruída no ss XVI e posteriores. Consta de tres corpos: o central de planta rectangular, a torre da homenaxe e un torreón, e dúas alturas. A torre da homenaxe ten planta case cadrada, consta de 4 pisos e remata con ameas. Na fachada principal atópase a porta de entrada, de arco de medio punto e que conserva un escudo de armas. Pertenceu, entre outros, aos Ulloa, Seixas e Ordóñez. No seu interior acolle un museo etnográfico e histórico. Foi declarada BIC en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Sor que nace e desemboca na parroquia de San Pantaleón de Cabanas (Ourol).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Paderne baixo a advocación de san Pantaión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Paderne. De orixe románica, construíuse a finais do s XII. Ten unha soa nave, pero non conserva a primitiva ábsida rectangular. Conserva a portada románica de dobre arquivolta de medio punto, apoiada en columnas acobadadas, e tímpano sen decoración,   apoiado en mochetas antropomorfas. Sobre ela sitúase un rosetón. Culmina nunha espadana de dous vans, construída posteriormente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cabanas baixo a advocación de san Pantaión.

    VER O DETALLE DO TERMO