salesiana

salesiana

(< salesiano)

s f [RELIX]

Membro do instituto feminino, con nome de Fillas de María Auxiliadora, orixinado pola transformación da Pía Unión de Fillas da Inmaculada fundada en Mornese (Piemonte) por Domenico Pestarino en 1855, como rama feminina dos salesianos, dirixida por san Xoán Bosco en 1872 e aprobada por Pío X en 1911. Foi cofundadora e superiora xeral Maria Domenica Mazzarello.