"Adá" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vigo baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa de toxos e abrollos que se emprega para cubrir os valos e muros e a como defensa para hortas, viñedos e campos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Badajoz, Extremadura, situado a 30 km ao NL de Badajoz, na vertente dereita do Guadiana (2.584 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Navia que nace na parroquia de Pedrafita do Cebreiro, no concello homónimo e desemboca na das Nogais, no concello homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. al pequeno que hai na aba dun monte.

    2. Parte máis baixa dun val pola que corren as augas naturais dun regato ou da chuvia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Masma que nace na parroquia de Sasdónigas e desemboca na de Santiago de Mondoñedo, ambas as dúas no concello de Mondoñedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de València, Comunitat Valenciana (3.111 h [2001]). A principal actividade económica é a industria do moble de vime.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas escudo axadrezado de ouro e goles, de corenta e dúas pezas (6x7). Outro, escudo axadrezado de ouro e azul, de corenta e dúas pezas; bordo de ouro, cheo. Outro, escudo partido: 1, de azul, cun león de prata; 2, axadrezado de 21 pezas de prata e goles (3x7).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1844), foi xefe superior de Administración Civil, ata que en 1866 decidiu retirarse da función pública. Colaborador en diversas publicacións periódicas, como El Eco de Galicia, Galicia, Galicia Humorística, A Monteira e O Tío Marcos d’a Portela, contribuíu á elaboración do Dicionario geográfico-histórico-estadístico de España y sus posesiones de Ultramar (1845-1850), de Pascual Madoz, en especial no referente a datos da provincia de Pontevedra; e na composición da Colección de enigmas y adivinanzas (1883), de Machado Álvarez. No ámbito da etnografía recolleu datos sobre folclore galego que reproduciu nos volumes Cantigueiro popular (1867, inédito ata 1970) e Novo apéndice ao Cantigueiro popular (1887). Destacou o seu labor como gramático con Elementos de gramática gallega (datado en 1892, pero inédito ata 1970) e, sobre todo, como lexicográfico coa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultora. Formouse na Escuela de Bellas Artes de Madrid e na Escola de Canteiros de Poio, onde se converteu na primeira muller en obter o título de mestre canteiro, e en Carrara. Desde 1990 organiza no Grove o Simposio Internacional de Escultura. Realiza esculturas tanto de pequeno tamaño como monumentais e esculturas públicas, en que a luz e a forma son as protagonistas. Traballa o mármore, o granito e outras pedras. Das súas obra destacan Arco do Atlántico (Baiona, 1993), Fervenza de auga (Maltatal, Austria, 1993), Pegada dunha vida (Maalot, Israel, 1993), Battaglia di Tassera (Como, Italia, 1994) e Herida breve (Guadalajara, México, 1996)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título outorgado por Carlos II en 1673 a Luís Sarmiento de Valladares e Meira, Arines e Troncoso , I vizconde de Meira e cabaleiro de Santiago. A súa filla, Catalina Sarmiento de Valladares y Toledo , foi a II marquesa de Valladares, pero ao morrer sen fillos, herdou a súa curmá Bernarda Dominga Sarmiento de Valladares e Guzmán , que tamén morreu sen descendencia, polo que o título foi parar a un parente, Bieito Alonso Enríquez e Sarmiento de Valladares (1700-1757), IV marqués de Valladares. O título continuou nos seus sucesores directos ata que á morte do IX marqués de Valladares, Fernando Quiñones de León e Elduayen (1883-1918), II marqués de Alcedo, VII marqués de Mos e grande de España, que cedeu á cidade de Vigo o pazo de Castrelos, o título pasou aos descendentes de María Dores Martínez e Montenegro, filla do VII marqués, liña na que continua. Trae por armas escudo cuartelado: primeiro, xaquelado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terzo de infantaría fundado en 1643 por Fernando de Valladares e Sarmiento e composto por 11 compañías formadas por xente de Vigo e a súa comarca. Durante o s XVII participou nas guerras contra Portugal e Flandres. En 1702 foi destinado ao exército do Baixo Rhin e interveu na campaña do Palatinado. Volveu a Vigo en 1710 e en 1714 tomou parte no sitio de Barcelona, incorporado ao exército do duque Bermick. Desapareceu en 1715, coa reforma da infantaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica dos anións poliatómicos que teñen vanadio como átomo central e dos sales que conteñen estes anións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de varar unha embarcación.

    2. Golpe dado ou recibido cunha vara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe dado ou recibido cunha vasoira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado no val do Tiétar, preto de Talavera de la Reina (2.427 h [2001]). A agricultura, a gandaría e a industria derivada son a base da súa economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe forte de vento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de crías nacidas nun mesmo parto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe que se dá cunha verga.

    2. Fustrigada que se fai co vergallo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica que remite ao latín (terra) versata ‘cultivada, arada’. Frecuentemente, presenta b- non etimolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO