Valladares, Terzo de
Valladares, Terzo de
Terzo de infantaría fundado en 1643 por Fernando de Valladares e Sarmiento e composto por 11 compañías formadas por xente de Vigo e a súa comarca. Durante o s XVII participou nas guerras contra Portugal e Flandres. En 1702 foi destinado ao exército do Baixo Rhin e interveu na campaña do Palatinado. Volveu a Vigo en 1710 e en 1714 tomou parte no sitio de Barcelona, incorporado ao exército do duque Bermick. Desapareceu en 1715, coa reforma da infantaría.