Valladolid

Valladolid

Municipio de Castela e León, capital da provincia homónima, situada no centro de La Meseta, á esquerda do Pisuerga (316.580 h [2001]). É un centro industrial metalúrxico do aluminio, químico, alimentario, téxtil e do automóbil. É tamén centro de ensino superior e sé do arcebispado. Foi capital política de Castela grazas aos foros e privilexios reais. Filipe III converteuna en capital de 1600 a 1606, mais o traslado da capitalidade a Madrid e o incendio de 1561 marcaron o inicio da súa decadencia. Filipe III converteuna en capital de 1600 a 1606. O conxunto histórico de Valladolid foi declarado BIC en 1978. Destacan a catedral de Nuestra Señora de la Asunción (BIC, 1931), a igrexa de Santa María la Antigua (BIC, 1897), o mosteiro de Santa María de las Huelgas (BIC, 1931) e o colexio maior Santa Cruz (BIC, 1955).