"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
VER O DETALLE DO TERMO
san (s III?) Primeiro bispo de Limoges. Foi desde Roma a Aquitania para evanxelizar Lemosín. A lenda considérao un dos discípulos de Xesús Cristo e curmán de san Pedro. No s V foi santificado polo pobo. Na iconografía leva vestiduras de bispo e ás veces porta un bastón. A súa festividade celébrase o 30 de xuño.
-
PERSOEIRO
Escritor. Orixinario da Tarraconense, foi un dos últimos clásicos da poesía latina. Escribiu quince libros baixo o nome de Epigrammata, en que denunciou a retórica do seu tempo, a ampulosidade dos poemas mitolóxicos e infundiulle á poesía naturalidade, sobriedade e realismo. Con todo, non se pode considerar como unha voz de denuncia social; o epigrama é sinónimo da nota mordaz en verso que amosa o aculeus ou aguillón na súa parte final.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de marcial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que procede do latín Marciana, nome que deriva de Marcus. Destacan con este nome santa Marciana que se celebra o 12 de xullo e a mártir Marciana o 24 de maio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Alxeria s IV) Mártir, irmá de santa Eufemia, segundo a tradición galega. Atribúeselle como nai a Celsia, unha muller que despois de practicar ritos de fecundidade pariu dez fillos e por medo, deixoullos a Sila, a parteira, para que botase ao mar a nove; esta non o fixo e criounos. A súa festividade celébrase o 24 de maio (mártir) ou o 12 de xullo (virxe e mártir).
-
-
Relativo ou pertencente a Marte ou aos seus supostos habitantes.
-
Suposto habitante de Marte.
-
Suposto habitante de calquera outro planeta que non sexa a Terra.
-
-
PERSOEIRO
Emperador de Oriente (450-457). Foi senador e á morte de Teodosio II, irmán da súa esposa Pulqueria, acadou a dignidade imperial. Loitou contra os hunos e convocou o Concilio de Calcedonia (451).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. A súa obra, que revela unha cultura literaria e filosófica extraordinaria, comprende os sete libros das Institutiones, os tratados De appellationibus, De publicis iudiciis e De delatoribus.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Tracia, preto da actual Provadija (Bulgaria), que fundou Traxano en honor da súa irmá Marciana. Estivo poboada por gregos, romanos e tracios, e formou parte da Mesia Inferior. Foi asediada polos godos en 248, e caeu fronte aos búlgaros, que a arruinaron.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter humorístico que se editou en Lugo a partir de 1913. Apareceu baixo o subtítulo “Periódico circunstancial. Defensor acérrimo de sus propios intereses”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Hungría 1045? - Edimburgo 16.11.1093) Raíña de Escocia. Dona do Rei Malcolm III de Escocia, levou unha vida austera e fomentou a cultura e a relixión. A súa festividade celébrase o 10 de xuño.
-
PERSOEIRO
Raíña de Navarra, filla de Enrique II de Francia e de Catarina de Medici. Casou en 1572 con Enrique III de Navarra (Enrique IV ; de Francia), pero o Papa Clemente VII anulou o matrimonio por ter numerosos amantes. Conservou o título de raíña ata a súa morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora francesa. Todas as súas obras conservadas están escritas en versos pareados de oito sílabas. Traduciu do latín unha serie de fábulas esópicas (Ysopet, 1170?) e unha narración sobre o purgatorio de san Patricio (Espurgatoire Saint Patrice, 1190?). A súa obra máis destacada e persoal son doce lais (1167?), narracións en verso de carácter amoroso e fantástico, que contiñan unhas anécdotas coas que se compuxeron cancións líricas, coñecidas na lírica inglesa, bretoa e francesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Exipto 345? - Palestina 421) Penitente. Convertida ao cristianismo despois de ter unha visión en Xerusalén, retirouse a vivir no deserto durante 47 anos. O seu sepulcro, en Palestina, foi moi visitado no s VI. A súa festividade celébrase o 2 de abril.
-
PERSOEIRO
Raíña de Escocia (1542-1567), filla póstuma de Xaime V de Escocia e de María de Guise. Casou en 1558 con Francisco II de Francia e trala morte do seu marido volveu a Escocia (1561), e en 1565 casou co seu curmán Enrique Stuart, con quen tivo un fillo, o futuro Xaime VI de Escocia. Tralo asasinato en 1567 do seu home, foi considerada culpable xunto co seu novo marido Bothwell. A indignación provocada por este feito obrigouna a abdicar. En 1568 refuxiouse na Corte de Inglaterra ata que, en 1587, acusada de conspirar contra Isabel I de Inglaterra, foi executada.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Bueu e Marín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lilian Alicia Marks.
-
PERSOEIRO
Bailarina. Coñecida como Alicia Markova, fixo o seu debut cos Ballets Rusos de Diaghilev en 1924. Creou e dirixiu a compañía Markova-Dolin (1935-1938) e o London’s Festival Ballet (1949-1952), e as súas mellores interpretacións foron Pétrouchka e La boutique fantasque.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailarina. Coñecida como Alicia Alonso, en 1938 debutou en Broadway en diversos musicais, como Great Lady e Star in your eyes. En 1940 incorporouse ao Ballet Theatre of New York, co que lanzou a súa carreira e traballou con importantes personalidades da danza como Mijail Fokine, Leónide Massine ou Bronislava Nijinska. En 1948 fundou en La Habana o Ballet Alicia Alonso, que en 1959 tomou o nome de Ballet Nacional de Cuba, do que foi a directora e prima ballerina assoluta. Recibiu a Encomienda de la Orden de Isabel la Católica (1993), a medalla de ouro do Círculo de Bellas Artes de Madrid (1998), a Medalla Pablo Picasso da UNESCO (1999) e o Premio Benois da Danza (2000). En 2002 foi nomeada embaixadora da República de Cuba.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Óptico e político, irmán de Sebastián Martínez-Risco Macías e curmán de Vicente Risco. Foi deputado por Ourense nas Cortes por Acción Republicana (1931) e por Izquierda Republicana (1936). Exiliouse en Francia, onde continuou co seu labor científico e docente. Escribiu Estudios generales sobre aberración esférica de orden superior (1927).
VER O DETALLE DO TERMO