María de Francia

María de Francia

Escritora francesa. Todas as súas obras conservadas están escritas en versos pareados de oito sílabas. Traduciu do latín unha serie de fábulas esópicas (Ysopet, 1170?) e unha narración sobre o purgatorio de san Patricio (Espurgatoire Saint Patrice, 1190?). A súa obra máis destacada e persoal son doce lais (1167?), narracións en verso de carácter amoroso e fantástico, que contiñan unhas anécdotas coas que se compuxeron cancións líricas, coñecidas na lírica inglesa, bretoa e francesa.