"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Panca de ferro ou madeira que suxeita e une o dental, asegurando a rella do arado ao temón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que elabora artesanalmente cestos con vergas.
-
CAPITAIS
Capital do amt homónimo, Dinamarca (42.475h [estim 2001]). Situada no centro de Xutlandia, na beira occidental do lago homónimo, é un núcleo industrial e a antiga capital de Xutlandia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Amt de Dinamarca (4.122 km2 ; 233.921 h [estim 2001]). A capital é Viborg.
-
CIDADES
Cidade do estado de Mississippi, EE UU, situada na confluencia do Yazoo co Mississippi (24.407 h [2000]). Núcleo importante dos suristas durante a Guerra de Secesión, capitulou (1863) fronte ás tropas nordistas de U. S. Grant.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Xeneral (1973) e comandante en xefe do exército (1975), en 1976 dirixiu un golpe de estado que derrocou a María Estela Martínez de Perón e asumiu a presidencia do país. Instaurou unha ditadura. ; As actividades represoras e as tensións entre os diversos grupos das forzas armadas provocou que fose afastado do cargo (1981), e condenado pola Corte Suprema de Justicia (1986) á inhabilitación perpetua e a destitución do grao militar. Foi indultado en 1990.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Daniel Urrabieta Ortiz.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, situado no Camiño Francés de peregrinación a Santiago (229 h [2001]). Antiga encomenda dos templarios, do seu patrimonio cultural destaca a igrexa fortaleza de Santa María la Blanca (s XIII) e a capela de Santiago, onde se atopan os sepulcros románicos de Filipe, irmán de Afonso X, e a súa dona, Leonor Ruiz de Castro, xunto co doutro cabaleiro anónimo. A imaxe da Virxe Branca inspirou doce das cantigas de Afonso X o Sabio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político inglés, conde (1617), primeiro marqués (1618) e cuarto duque (1623) de Buckingham. Baixo Xaime I, de quen foi amante e favorito, e Carlos I dirixiu a política exterior inglesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e diplomático británico, conde de Clarendon (1838). Como embaixador do seu país en Madrid (1833-1839), interveu na vida política española en favor dos liberais. Foi gobernador de Irlanda (1847-1852) e ministro de Asuntos Exteriores (1853-1858), durante a Guerra de Crimea e noutras ocasións (1865-1866 e 1868-70).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pneuma dunha soa nota que indica un son máis agudo ca o precedente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adaptación cinematográfica realizada en 1926 a partir do poema “A Virxe do Cristal”, de M. Curros Enríquez. Saturio Lois Piñeiro iniciou a súa rodaxe en Vilanova dos Infantes e Allariz, xunto co seu irmán Manuel nos labores de iluminación e debuxo. O filme contou con varios problemas de produción, polo que foi rematado en Madrid por José Buchs.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de EE UU (105.586 km2; 7.078.515 h [2000]). A capital é Richmond. Limita ao NL co estado de Maryland, ao NO e a O cos estados de West Virginia e Kentucky, ao S co de Tennessee e Carolina do Norte e ao L co Océano Atlántico. Na banda occidental está a cordilleira de Blue Ridge, do sistema dos Apalaches, que atravesa o estado de NL a O, e no extremo suroccidental os límites inclúen unha parte do altiplano de Cumberland e o Piedmont, rexión montañosa atravesada polos ríos que baixan dos Apalaches, que a serra de Fall Line separa da chaira costeira. Na agricultura destaca o cultivo de cacahuetes e tabaco, e o armentío vacún e porcino. A industria engloba un sector tradicional (téxtil, da confección e de elaboración de tabaco) e outro máis moderno (papel, construción naval, mobles, produtos químicos e metalurxia). As áreas industriais concéntranse en Richmond, Norfolk-Portsmouth, Newport News-Hampton, Roanoke, Alexandria e Arlington. O seu nome aplicouse inicialmente...
-
CIDADES
Cidade do estado de Virginia, EE UU (425.257 h [2000]). Está situada na badía de Chesapeake, na costa atlántica. A economía baséase no turismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
hime.
-
Virxindade dunha persoa.
-
-
Que ou quen naceu baixo o signo zodiacal de Virgo.
-
-
-
Constelación zodiacal situada entre as da Cabeleira de Berenice, o Boieiro, a Serpe, a Libra, e Hidra femia, o Corvo, a Copa e Leo. Contén 164 estrelas visibles a simple vista, das que unha é de primeira magnitude e tres de terceira. O astro principal é α-Virginis. Contén tamén un importante cúmulo de galaxias.
-
Sexto signo do zodíaco, que en tempos de Hiparco coincidía coa constelación do mesmo nome, pero que hoxe, pola precisión dos equinoccios, ten no seu lugar a de León.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Signo de puntuación (,) que representa unha pausa de pouca duración que se produce nun enunciado.
-
PERSOEIRO
Raíña de España, neta de Vitoria I de Inglaterra. Convertida ao catolicismo, o 31 de maio de 1906 casou co Rei Afonso XIII, día no que foron obxecto dun atentado anarquista. En 1931, coa proclamación da Segunda República Española, exiliouse a Francia e posteriormente a Italia. Separada do seu home, viviu en Reino Unido e, durante a Segunda Guerra Mundial, retirouse a Lausanne. Os seus restos foron trasladados ao Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial en 1985.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Membro da Xeración do 36, entre as súas obras destacan Cantos de primavera (1933), Tiempo de dolor (1940), Continuación de la vida (1947), El descampado (1957), Memoria de la plata (1958), Prosas propicias (1976), e o estudo Introdución a la poesía española contemporanea (1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teórico, organista e compositor alemán. Grande improvisador, é autor de obras instrumentais, vocais e escénicas. Considérase o precursor da etnomusicoloxía.
VER O DETALLE DO TERMO