Villalcázar de Sirga ou Villasirga

Villalcázar de Sirga ou Villasirga

Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, situado no Camiño Francés de peregrinación a Santiago (229 h [2001]). Antiga encomenda dos templarios, do seu patrimonio cultural destaca a igrexa fortaleza de Santa María la Blanca (s XIII) e a capela de Santiago, onde se atopan os sepulcros románicos de Filipe, irmán de Afonso X, e a súa dona, Leonor Ruiz de Castro, xunto co doutro cabaleiro anónimo. A imaxe da Virxe Branca inspirou doce das cantigas de Afonso X o Sabio.