"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • Xénero de plantas, da familia das rosáceas, ao que pertence a quilaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Discípulo de J. A. Watteau, foi a Lisboa (1729) e nomeárono pintor da corte e membro da Academia de Pintura. Pintou numerosos cadros para o palacio do Duque de Cadaval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obxectos de metal de escaso valor, especialmente imitacións de xoias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Profesor na Harvard University, estudou a lóxica matemática e a filosofía da lóxica e da ciencia. Escribiu Mathematical Logic (1940), From a Logical Point of View (1953), Word and Object (1960), Pursuit of Truth (1990) e Three Networks: Similarity, Implication, and Membership (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ermida hispanovisigoda situada en Mambrillas de Lara (Burgos). Construída en cantaría durante os ss VII e VIII, só se conservan en pé algunhas partes como a capela maior e o brazo do cruceiro. Tiña planta de cruz latina, con tres naves en sentido lonxitudinal e unha cámara en cada extremo do cruceiro, e ábsida de planta cadrada. As naves laterais tiñan bóvedas de aristas coas arcadas de ferradura e a nave central e o cruceiro cubríanse con bóveda de cañón. Destaca a decoración en baixorrelevo con elementos propios da natureza como a lúa, o sol, motivos vexetais ou aves. Durante a Idade Media empregouse como mosteiro feminino e conservouse boa parte do edificio orixinal ata o s XIV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Director xerente de Televisión de Galicia desde 1996 e membro da comisión técnica de televisión do Consello da Cultura Galega, planificou e desenvolveu a revista Entregas de Comunicación Cultural. Entre 1985 e 1986 dirixiu os Circuítos Teatrais da Xunta de Galicia ata o seu ingreso na TVG (1986), onde foi xefe de produción de informativos e director de produción. Recibiu o Premio Arte (1997) da Asociación de Representantes Técnicos do Espectáculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico, político e escritor, pai de Xaime Quintanilla Ulla. Formado na Universidade de Santiago de Compostela, instalouse en Ferrol en 1917, onde abriu unha clínica de cirurxía. Defensor do galeguismo e do socialismo, foi membro da Irmandade da Fala de Ferrol e asinou o Manifesto da I Asemblea das Irmandades da Fala (1918). Militou no PSOE desde 1920 e foi alcalde de Ferrol coa chegada da Segunda República en 1931. Apartado da alcaldía despois dos sucesos de outubro de 1934, retornou ao concello como concelleiro en 1936. Participou na reunión dos concellos galegos celebrada o 3 de xullo de 1932 en Santiago de Compostela, foi membro e vogal do Comité Central de Autonomía de Galicia (1932), director de El Correo Gallego e fundou e dirixiu a colección Céltiga. Colaborou en diferentes publicacións e dos seus escritos destacan a comedia dramática Alén (1921), a novela curta Saudade (1922) e o drama Donosiña, estreado en 1920. Morreu paseado xunto con outros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político, fillo de Xaime Quintanilla Martínez. Doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e titulado en Graduado Social. Membro do PSdeG-PSOE, foi alcalde de Ferrol (1979-1987). Foi académico numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, e correspondente das academias de medicina de Murcia, Santa Cruz de Tenerife, Oviedo e Madrid. Colaborador de La Voz de Galicia, escribiu El complejo mundo del suicida (1994). Recibiu a Medalla de San Raimundo de Peñafort, a cruz ao Mérito Naval e a cruz da Orden Civil de Sanidad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Corgo. De estilo románico, aínda que con reformas posteriores, conserva a nave e a ábsida de forma rectangular. No seu interior destaca o arco triunfal semicircular. Na porta S conserva o tímpano realizado nun único bloque e debuxado no centro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrofa de cinco versos de arte menor con rima consonante, que segue as limitacións do quinteto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Forcarei baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, irmán de Narciso Quintillán Cardesín. De ideoloxía republicano-socialista e defensor do redencionismo, percorreu Galicia para concenciar o pobo contra os foros. Presidiu diversas sociedades agrarias e colaborou coa prensa galega e española con artigos sobre temática agraria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Agrarista, irmán de Dionisio Quintillán Cardesín. Desenvolveu unha grande actividade societaria, fundou diversas sociedades agrarias, presidiu a Federación Agrícola de Forcarei (1924) e colaborou nos xornais Umia y Lérez, Acción Social e La Libertad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Violinista. Foi membro fundadora e concertina da Orquesta de Santiago de Compostela, membro do grupo Milladoiro e primeiro violín da Orquestra Sinfónica de Siegerland e da Orquestra de Cámara Ars Musicae Ensemble.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crustáceo decápodo, da sección dos carídeos, pertencente aos xéneros Crangon, Palaemon e Palaemonetes. Caracterízase por presentar a pleura do segundo segmento abdominal superposta á do primeiro, as terceiras patas non presentan pinzas e as branquias filobranquiadas. A súa carne é moi apreciada e, habitualmente, o seu prezo é elevado. A temporada na que se come vai do outono ao inverno. Consómese habitualmente cocido en fresco e aromatizado con follas de loureiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Coñecida como María do Cebreiro, foi profesora de literatura occidental e comparada na Universidade de Porto, colabora en diversas revistas, como Boletín Galego de Literatura, Dorna e Grial. Coordinadora das antoloxías A poesía é o gran milagre do mundo (2001) e Damas Negras (2002), escribiu os poemarios O estadio do espello (1998), Nós as inadaptadas (2002) e Non queres que o poema te coñeza (2004, II Premio Caixanova de Poesía).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rexión do corpo correspondente ao cóccix e á terminación do sacro.

    2. Protuberancia enriba do ano das aves de onde saen as plumas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Barxa (A Gudiña). O seu cumio acada os 1.040 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO