Quintanilla de las Viñas, Santa María de
Quintanilla de las Viñas, Santa María de
Ermida hispanovisigoda situada en Mambrillas de Lara (Burgos). Construída en cantaría durante os ss VII e VIII, só se conservan en pé algunhas partes como a capela maior e o brazo do cruceiro. Tiña planta de cruz latina, con tres naves en sentido lonxitudinal e unha cámara en cada extremo do cruceiro, e ábsida de planta cadrada. As naves laterais tiñan bóvedas de aristas coas arcadas de ferradura e a nave central e o cruceiro cubríanse con bóveda de cañón. Destaca a decoración en baixorrelevo con elementos propios da natureza como a lúa, o sol, motivos vexetais ou aves. Durante a Idade Media empregouse como mosteiro feminino e conservouse boa parte do edificio orixinal ata o s XIV.