"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • GALICIA

    Pianista. Estudiou piano no conservatorio da Coruña e no de Madrid, onde obtivo o Premio ao Virtuosismo. Foi pianista titular da Orquestra da Ópera de Wiesbaden e presidenta da Sociedad Filharmónica Ferrolana e do Ateneo Ferrolano. É presidenta da Delegación do Patronato Rosalía de Castro de Ferrol e directora do Conservatorio Superior de Música. Ofreceu numerosos recitais en Alemaña, Francia e Suíza e gravou o primeiro disco de música galega de concerto, para piano, con obras de Andrés Gaos e Roxelio Groba. Recibiu o Premio Diana á muller do ano (1973) e a Insignia de Oro de la Ciudad de Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Perú (14.231 km2, 1.050.280 h [1998]). A capital é Chiclayo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • lambereteiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento decorativo colgante e corrido que se coloca baixo os beirís, frisos ou na parte superior dunha cortina como nos baldaquinos.

      1. Adorno externo do escudo formado por cintas, follas ou penachos que, partindo de detrás do helmo, colgan a ambos os dous lados do escudo. Han de ser dos mesmos esmaltes que compoñan o brasón. OBS: Úsase habitualmente en plural.

      2. lambrequíns sementados

        Lambrequíns que levan flores de lis ou armiños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten branquias lameliformes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos lamelibranquios.

    2. Molusco da subclase dos lamelibranquios.

    3. Subclase de moluscos, da clase dos bivalvos, que presenta a cuncha constituída por dúas valvas, sen cabeza, con pé en forma de machada e branquias de aspecto laminar. O corpo, de simetría bilateral e comprimido lateralmente, está recuberto por un manto que presenta dous lóbulos laterais, que, aplicados á parede interna das valvas, delimitan a cavidade palial. Estes lóbulos, soldados polos bordos, deixan tres buracos: por un sae o pé, e polos outros dous entra e sae a auga na cavidade palial. Estes dous últimos buracos poden prolongarse en dous tubos de lonxitude variable, os sifóns. A auga, ao entrar na cavidade palial, facilita o osíxeno e os alimentos ao animal e, ao saír, expulsa o dióxido de carbono, os excrementos e as partículas residuais respiratorias. A cuncha, coa cara interna de nácara, presenta dúas valvas que se articulan dorsalmente mediante unha charneira e un ligamento elástico. O pé, en forma de machada, falta nos moluscos sedentarios, pero está moi desenvolvido nos escavadores...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terreo onde hai abundante lama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escudeiro que acompañaba os homes de armas en Alemaña. Posteriormente o nome aplicouse ao soldado mercenario que recibía unha paga polo seu dominio das armas e a súa reputación militar. Constituíron a forza de choque de Maximiliano de Austria e actuaron pola Europa occidental entre os ss XV e XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor e cantante. Coñecido como Andrés do Barro, en 1969 deuse a coñecer coa canción “O Tren”, producida por Juan Pardo. Na década de 1970 obtivo os seus maiores éxitos musicais con cancións en galego como “Corpiño Xeitoso”, “San Antón”, “Pandeirada”, “Rapaciña” ou “Salgueiro”. Participou no filme En la red de mi canción (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘nugalla’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Formouse na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela e posteriormente en Madrid, con A. Marinas. Competiu con Asorey (1919) polo posto de profesor de escultura anatómica da facultade de medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Tres anos máis tarde acadou a praza de profesor de escultura na Escola de Artes e Oficios de Valladolid, aínda que posteriormente a cambiaría pola de Zaragoza, cidade na que se instalou definitivamente. Realizou, entre outros, os monumentos a Pais Lapido (1918), na alameda de Santiago de Compostela, e aos irmáns Prieto (1933) no Carballiño. Destacou tamén como imaxineiro. Participou nas exposicións nacionais de belas artes e recibiu unha terceira medalla en 1912 pola obra Á fin... tarde!.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Representante do modernismo en América do Sur, é autor de La gloria de Don Ramiro (1908), historia sobre a España de Filipe II, Zogoibi (1926), En la pampa (1955) e doutras novelas e obras de teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo francés. A súa obra constitúe unha amplísima visión da sociedade acomodada francesa durante a primeira metade do s XX. Despois de realizar diversas curtametraxes (1913-1914), traballou cos directores François Truffaut, Robert Bresson e Federico Fellini. En 1915 estudiou pintura na Academia Julian con J. P. Laurens, e expuxo as súas pinturas en Nova York e París e foi o fotógrafo oficial do presidente francés Valéry Giscard d’Estaing. Os seus arquivos consérvanse no Grand Palais de París. Publicou Diary of a Century (1970) e Das Fest des grossen Rüpüskül (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘labrego’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘obreiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘traballar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘traballo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que fala sen parar e sen xeito.

    2. Que fala cun ton de voz moi alto e di parvadas.

    3. Que non deixa de falar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • John Maitland.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Entre os moitos pseudónimos que empregou, destaca Cécil Saint Laurent, co que asinaba novelas históricas, como Caroline chèrie (1947). Publicou libelos violentos contra Sartre (1951), crítica teatral, pintura, guións de cine e ensaios históricos. Co seu nome é autor de Les corps tranquilles (1948), Le petit canard (1954), Les bêtises (1971 Premio Goncourt), Histoire egoïste (1976) Le dormeur debout (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO