Larrauri Marquínez, Xosé Mateo
Escultor. Formouse na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela e posteriormente en Madrid, con A. Marinas. Competiu con Asorey (1919) polo posto de profesor de escultura anatómica da facultade de medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Tres anos máis tarde acadou a praza de profesor de escultura na Escola de Artes e Oficios de Valladolid, aínda que posteriormente a cambiaría pola de Zaragoza, cidade na que se instalou definitivamente. Realizou, entre outros, os monumentos a Pais Lapido (1918), na alameda de Santiago de Compostela, e aos irmáns Prieto (1933) no Carballiño. Destacou tamén como imaxineiro. Participou nas exposicións nacionais de belas artes e recibiu unha terceira medalla en 1912 pola obra Á fin... tarde!.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela -
Deceso
Lugar : Zaragoza