"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Alcano que se atopa no petróleo, na fracción chamada éter de petróleo ou ligroína. Presenta tres posibles isómeros de cadea: n-pentano, isopentano e neopentano. O n-pentano emprégase como anestésico, na manufactura do xeo e como disolvente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos tres alcohois isómeros de fórmula C5H12O, derivados do n-pentano. O 1-pentanol (alcohol amílico primario) obtense, conxuntamente cos outros alcohois pentílicos, por destilación fraccionada do cru de hidrólise alcalina dos produtos de cloración do pentano. O 2-pentanol emprégase como disolvente de pinturas e lacas e como intermediario na fabricación de produtos farmacéuticos. O 3-pentanol emprégase como disolvente en procesos de flotación e na industria farmacéutica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brazo de mar que separa a costa norte de Escocia das illas Orcadas e une o mar do Norte co Océano Atlántico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dos polímeros das pentosas. Son constitutivos das gomas e resinas vexetais. A súa fórmula xenérica é (C5H8O4)n.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrofísico alemán. Doutor en Ciencias Físicas pola Columbia University (1962), elaborou unha tese para a construción dun amplificador de masa para experimentación en radioastronomía. En colaboración con Robert W. Wilson descubriu a radiación cosmolóxica universal de fondo, o que supoñía un apoio á teoría do Big Bang, e estudou as nubes moleculares do medio interestelar. En 1978 recibiu o Premio Nobel de Física, que compartiu con Wilson e P. Kapica. Publicou diversos artigos en revistas especializadas e libros, dos que cómpre destacar Ideas and Information (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á substancia que impide a floculación nunha suspensión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Cofundador da Academy of Ancient Music (1710) e da Madrigal Society (1741), como teórico converteuse nun experto en música antiga. Colaborou en The Beggar’s Opera (1728), de John Gay, compuxo diversas cantatas, odas, motetes e himnos, ademais dunhas destacadas obras para frauta doce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Formouse en EE UU e foi xefe de escuadrón na base de Torrejón de Ardoz, pero non chegou a exercer como tal xa que foi designado agregado aéreo adxunto en Alemaña. Posteriormente, foi tenente xeneral do Exército do Aire e xefe do Estado Maior do Aire (1984) e en 1999 recibiu como cargo honorífico o emprego de xeneral do Aire. Representou a España ante o Comité Militar da OTAN (1982-1983) e foi subsecretario de Política de Defensa. Recibiu a Cruz de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indica situación fronte a, diante de ou en presenza de algo ou alguén. OBS: Emprégase, sobre todo, na linguaxe xurídica e alterna con por ante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Insurrecto. Coñecido como Balilla, atribuíuselle a insurrección xenovesa (1746) que conseguiu expulsar as tropas austríacas invasoras da cidade e de Liguria durante a Guerra de Sucesión de Austria. Deu nome á organización fascista Opera Nazionale Balilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Pedagogo e bibliotecario, contribuíu a normativizar o occitano e a restituír a súa grafía clásica. En 1919 participou na fundación da Escôla Occitana en Avignonnet e, en 1939, converteuse no seu presidente. Da súa obra poética destaca Lo got occitan (1903), L’arada (1906), Las cansons del pople (1923), La debanadora (1924), Lo libre dels Auzèts (1924) e Fablèls et Fablèls calhòts (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se aplica na pel ou a través da pel, especialmente referido aos métodos terapéuticos ou diagnósticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Barro. baixo a advocación de Santa maría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parroquia do concello de Barro baixo a advocación de santa María, onde está situada a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condutancia efectiva dun illador, que constitúe unha medida da calidade do illamento. Nun condensador é a medida das fugas do dieléctrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Perdón dun castigo ou dunha pena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cemiterio situado ao NL de París, coñecido administrativamente como o camposanto do leste. Construído polo arquitecto Alexandre-Théodore Brongniart (1803-1804), ocupa o lugar dun antigo convento de xesuítas. Conserva tumbas de destacados personaxes franceses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arquitecto. Foi profesor na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid. Realizou o proxecto do Centro Rexional da Rede Eléctrica da Coruña, unha biblioteca pública en Fuencarral (Madrid) e os edificios de servizos múltiples da Xunta de Galicia de Lugo, do SERGAS e do IGAPE en Santiago de Compostela. Xunto con Roberto Medín Guyatt elaborou o proxecto dunha nova biblioteca pública en Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. De estilo barroco, foi discípulo de Pedro de las Cuevas en Madrid e traballou uns anos na Corte de Filipe IV. Cultivou a pintura relixiosa, a natureza morta e as vaidades, nunhas composicións con gran coidado dos detalles e unha contrastada luminosidade. Da súa produción destaca El sueño del caballero (1670).

    VER O DETALLE DO TERMO