pentanol

pentanol
s m [QUÍM]

Cada un dos tres alcohois isómeros de fórmula C5H12O, derivados do n-pentano. O 1-pentanol (alcohol amílico primario) obtense, conxuntamente cos outros alcohois pentílicos, por destilación fraccionada do cru de hidrólise alcalina dos produtos de cloración do pentano. O 2-pentanol emprégase como disolvente de pinturas e lacas e como intermediario na fabricación de produtos farmacéuticos. O 3-pentanol emprégase como disolvente en procesos de flotación e na industria farmacéutica.

Palabras veciñas

pentanal | pentandro -dra | pentano | pentanol | pentápole | pentarca | pentarquía