"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
GALICIA
Pintor, irmán de Xenaro Pérez Villaamil Duguet. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de La Coruña. Entre 1830 e 1833 traballou co seu irmán na decoración do Teatro Tapia de Puerto Rico e no Teatro Liceo de Madrid. Tamén realizou debuxos para o Seminario Pintoresco Español e láminas para o álbum España Artística y Monumental, publicado polo seu irmán, así como litrografías para o xornal El Álbum Filarmónico (1839) e para a novela El Almirante de Castilla (1843).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Realizou series temáticas que destacaron pola riqueza matérica e cromática, así como pola variedade de rexistros empregados, tanto figurativos como abstractos. Concibiu a pintura como un espazo experimental en que coincidiron mito e texto (Sensaciones griálicas, 1992), alusións históricas (Templos, 1994) ou metafóricas (Os obxectos da memoria, 1997; Metáfora dunha viaxe, 1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e xornalista. Coñecido como Artagnán, estivo considerado como un dos principais humoristas de principios de século. Colaborou en numerosas publicacións da época, como Madrid Cómico, Buen Humor e ABC, escribiu máis de trinta libros, como Viajes morrocotudos (1901), e foi autor de diversas obras teatrais, como Bronquitis aguda (1911), en que amosa a súa capacidade para a burla e a parodia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estadista. Coa morte de seu pai, titular da Secretaría do Estado, confiáronlle os asuntos de Italia, e conseguiu a confianza de Filipe II. O asasinato de Juan de Escobedo e a súa actitude na sucesión de Portugal fixeron que o rei o destituíse e o encarcerase. Fuxiu ao Reino de Aragón e de alí a Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso dominicano. De orixe galega, foi reitor no colexio valisoletano de San Gregorio, ademais de catedrático de Teoloxía na Universidade de Santiago de Compostela (1692-1698), cualificador do Santo Oficio (1697) e prior dos conventos dominicanos de Santiago de Compostela (1700-1702 e 1710-1712) e Pontevedra (1702-1705).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico e actor. Integrante das bandas de rock Kinindiolas ou Nicho Varullo, en 1989 ingresou na compañía Chévere, onde iniciou a súa carreira como compositor de música para teatro. Con Chévere realizou as comedias musicais Río Bravo (1991, Premio María Casares á mellor música 2003), Annus Horribilis (1995, Premio María Casares á mellor música e Premio da Crítica de Barcelona ao mellor espectáculo musical) e Resaca (1997). Tamén colaborou coas compañías Mofa e Befa, Ollomoltranvía e Trigo Limpo, para as que realizou as creacións musicais Memoriar (1998), Finis Mundi Circus (Premio María Casares á mellor música) e Queima do Xudas (2000-2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de obras. Activo en Santiago de Compostela, foi mestre maior do colexio de Santiago Alfeo e mestre de cantaría da catedral compostelá. Traballou tamén para o concello de Santiago nas obras das calzadas e ofreceu os planos para a reedificación de Santa María do Xobre (A Pobra do Caramiñal).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e tradutor. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou en Londres como redactor e comentarista de política internacional dos servizos exteriores da BBC. Experto en teatro e colaborador de Grial, Tempo Exterior e Tempos Novos, traduciu ao galego A traxedia de Macbeth (1972), Flores e leña: narracións chinesas contemporáneas (1982), a primeira escolma de narrativa chinesa en galego; e Do outro lado do espello e o que Alicia atopou aló (1985), en colaboración con Teresa Barro. Recibiu, tamén xunto a Teresa Barro, o Premio Nacional de Tradución del Ministerio de Cultura (1985) por As aventuras de Alicia no país das maravillas (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. As súas obras amosan unha preocupación pola integración no contorno urbano e xeográfico, amodo de restos arqueolóxicos dunha futura civilización. Reflite unha peculiar xeometría, que lle proporciona á escultura un carácter inédito. Inicialmente traballou co bronce e co ferro, despois incluíu o vidro e a escuma de poliuretano. Da súa produción destaca Mite.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Presbítero e mártir. Foi martirizado na Córdoba musulmá. A súa festividade celébrase o 18 de abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que perfora.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de expresión artística que combina elementos teatrais, musicais e visuais co fin de conseguir un resultado de interactuación e acción pública, unha arte en vivo. A súa orixe coincide coa do happening en Nova York, aínda que o seu desenvolvemento foi total na década de 1970. Afín ao body art, reivindicaba unha transgresión da forma tradicional da arte, afondando no corpo, a palabra, o xesto e os comportamentos sociais.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado nos contrafortes da serra de Enmedio (3.346 h [2001]). A súa economía baséase na explotación forestal, na agricultura, na gandaría e nas industrias derivadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que está situado ou que ocorre arredor do ano.
-
PERSOEIRO
Tirano de Corinto e un dos sete sabios de Grecia, fillo e sucesor de Cipselo. Gobernou a cidade entre o 627 e o 585 a C. Con el, Corinto converteuse na cidade máis grande e politicamente máis estable da península grega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tirano de Corinto. Intentou manter a estabilidade política interna e ocupouse de regulamentar e humanizar o traballo dos escravos, protexeu os campesiños pobres, potenciou o comercio con Exipto, Lidia e Mileto e levou a cabo unha política de conquistas. É autor do aforismo: “Se previsor con todas as cousas”. Inclúese dentro do grupo dos Sete Sabios de Grecia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
periántico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao periantio.
-
-
Conxunto de pezas florais, sépalos e pétalos, que forman parte das flores.
-
Estrutura das hepáticas que envolve os arquegonios e que constitúe o resultado da fusión de filidios e anfigastros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periósteo da cara externa dos ósos do cranio.