performance*

performance*
s f [ARTE]

Forma de expresión artística que combina elementos teatrais, musicais e visuais co fin de conseguir un resultado de interactuación e acción pública, unha arte en vivo. A súa orixe coincide coa do happening en Nova York, aínda que o seu desenvolvemento foi total na década de 1970. Afín ao body art, reivindicaba unha transgresión da forma tradicional da arte, afondando no corpo, a palabra, o xesto e os comportamentos sociais.

Palabras veciñas

perforante | perforar | perforista | performance* | perfumador -ra | perfumar | perfumaría