"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Químico e farmacéutico francés. Descubriu con Payen a diastase (amilase), e puxo en evidencia o envelenamento por fósforo. Tamén descubriu un método de obtención do metano a partir de ácido acético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político sueco. En 1971 foi nomeado secretario das Xuventudes Socialistas e deputado entre 1979 e 1984. Foi ministro de Educación (1989-1991) e ministro de Economía (1994-1996). Desde 1996 é o primeiro ministro sueco e líder do Socialdemokratiska Arbetarepartiet (Partido Socialdemócrata dos Traballadores Suecos, SAP).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • preguiceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Modisto. Establecido en Barcelona, abriu a súa propia casa de modas en 1942 e posteriormente en Madrid (1946) e noutros lugares de España. Especializouse na alta costura desde a década de 1960. As súas creacións caracterízanse por unha gran fantasía e orixinalidade. Foi nomeado Comendador de la Real Orden de Isabel la Católica (1969) e recibiu a Medalla de Oro de la Universidad Complutense de Madrid (1993), Medalla del Fomento de Artes Decorativas (1994) e Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes (1999). En 2004 celebrouse unha exposición antolóxica da súa obra no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito unitario de Escocia, Reino Unido (5.311 km2; 133.620 h [estim 2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Editor alemán. Iniciouse no mundo dos libros na libraría Ettinger, ata que en 1785 fundou en Gotha unha editorial que, máis tarde, se transformou en Instituto Editorial Xeográfico. Nel colaboraron destacados xeógrafos e intelectuais da época, como Berghaus, Diez, Reichard e Sydow. Das súas publicacións destacan Almanach Gotha e Stieler’s Hand Atlas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. En 1918 afiliouse ao Partito Socialista Italiano (PSI). Antifascista destacado, foi detido (1926 e 1928-1935), expulsado do país (1926-1928) e confinado nun campo de traballo (1935-1943), polo réxime de B. Mussolini. Foi deputado desde 1948 e presidiu a Camera dei Deputati (1968-1976). Exerceu como presidente da República (1978-1985), combateu a corrupción dentro do seu propio partido e foi un gran defensor da democracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Perú ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Perú.

    3. Arte desenvolvida en Perú. Durante a época colonial, as artes recibiron a influencia hispánica, aínda que con achegas indíxenas. En canto á arquitectura atópase un eclecticismo que responde ás diferentes influencias cronolóxicas, como a igrexa do convento de Santo Domingo de Lima, de estilo mudéxar, ou a catedral de Cuzco, renacentista. A finais do s XVII triunfou plenamente o estilo barroco na igrexa da Compañía de Arequipa, na catedral, reconstruída, de Lima, e en diversas igrexas da capital, Trujillo e Cuzco. Coa independencia, a principios do s XIX implantouse o neoclasicismo, como no palacio do Senado de Lima. Co s XX deuse paso a unha arquitectura de acordo coas novas tendencias. A pintura recibiu novos impulsos con I. Merino, L. Montero e F. Laso, e con J. Sabogal, T. Carvallo, R. Grau e F. Szyrlo.

    4. Literatura en lingua castelá cultivada en Perú. A primeira gran figura foi o cronista de Indias de orixe inca, Garcilaso de la Vega, que nos seus Comentarios reales narra a historia do Imperio Inca. A partir de 1599 e durante todo o s XVII, o teatro tivo unha grande importancia con figuras como Pedro de Peralta Barnuevo. No s XIX sobresaen a obra filosófica e novelística de Pablo de Olavide e a achega intelectual dos escritores agrupados ao redor do xornal Mercurio Peruano. A prosa, esencialmente narrativa, iniciouse a partir do movemento romántico e baixo o signo do costumismo e do realismo con Ricardo Palma como máximo representante deste período. A derrota ante Chile na guerra do Pacífico imprimiu un cambio decisivo na sociedade peruana e na súa literatura. Manuel González Prada ergueuse como a nova conciencia dun país en crise. Baixo a súa influencia apareceu a novela realista con autoras como Mercedes Cabello de Carbonera e Clorinda Matto de Turner. Dentro do modernismo...

    5. Arte musical cultivada en Perú. O imperio inca tiña unha cultura musical moi desenvolvida. Os casteláns introduciron a música occidental: Gutierre Fernández Hidalgo (1553?-1618), foi o primeiro representante nativo. Outros compositores foron J. B. Alzedo (1798-1878), Daniel Alomía (1871-1942) e, modernamente, o grupo de compositores formados no contorno de Rudolf Holzmann (1910).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi redactor de Ariel, crítico de arte e colaborador en diversos diarios e revistas. Como poeta destacan as obras Sota la sang (1947), relacionada co superrealismo, e Cendres & diamants (1991). Nas súas novelas combina elementos literarios e eruditos, nalgúns casos próximas ao mundo imaxinativo de Borges ou ao realismo máxico de Cunqueiro, como Llibre de cavalleries (1947), Les aventures del cavaller Kosmas (1981, Premi Ramon Llull 1981, Premio Nacional de la Crítica 1981 e Premi Joan Crexells 1982) e El baró de Maldà i les bèsties de l’infern (1994). Tamén publicou o estudo Joan Miró i Catalunya (1970), libros de ensaio, como Teoria de Catalunya (1985), e as memorias Els Jardins de la malenconia (1992). Foi membro da Acadèmia de Bones Lletres (1976). Recibiu a Creu de Sant Jordi (1991), o Premio Nacional de Cultura (1995) e o Premio Nacional de las Letras (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico. Investigador e profesor en Cambridge desde 1940, fundou en 1947, xunto a J. C. Kendrew, e presidiu o Medical Research Council Unit for Molecular Biology da Cambridge University. Estudou a estrutura cristalográfica do xeo e da neve. Recibiu o Premio Nobel de Química (1962), xunto con J. C. Kendrew, polo descubrimento da estrutura tridimensional da hemoglobina e da mioglobina, grazas ao perfeccionamento da técnica de difracción dos raios X.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constante que, nun díodo de baleiro con cátodo termoeléctrico, indica a limitación de corrente pola carga espacial. Depende da configuración xeométrica dos eléctrodos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador galego. Fillo de Johan Rodrigues de Valadares e Teresa Anes Marinho, e activo a finais do s XIII segundo consta na documentación da chancelaría de Sancho IV, dubídase sobre o seu parentesco cos tamén trobadores Martin e Osoir’Anes Marinho. Puido ter certa relación con Johan Vasquiz de Talaveira e, en tempos de Afonso X, con Johan Airas. Incluso puido seguir activo no reinado de Fernando IV, a quen acompañaría na conquista de Alxeciras. Da súa obra consérvase unha cantiga de amor, “Boa ssenhor, o que me foy miscrar”, dirixida contra todos aqueles que pretenden dispoñer a señor contra o amado, e que se presenta como un contrafactum ou resposta a outra cantiga de amigo elaborada por Johan Airas. Ambas as dúas composicións repiten a fórmula silábica e o esquema estrófico e rítmico. No seu contido, onde se amosa innovador, como no emprego de ‘dizedor’, identificado con ‘intrigante’, presenta un léxico pouco utilizado noutras composicións de características semellantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Atracción dun corpo pola masa dun astro a causa da gravitación. No caso da Terra, a pesadeza dun corpo é o resultado da combinación da forza da gravidade e da forza centrífuga. A pesadeza na superficie dun astro depende da masa e do raio. A bordo dunha astronave ou doutro enxeño espacial é nula; o astronauta, en estado de ausencia de pesadeza, parece que flota no aire. A pesadeza artificial pode ser considerablemente inferior á da Terra.

    2. Peso dun corpo por unidade de masa, igual á aceleración do seu movemento de caída libre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Carballido (A Fonsagrada). O seu cumio acada os 853 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo empresarial do sector alimentario fundado en 1960 en Vigo por Xosé A. Fernández López, en colaboración con Valentín Paz Andrade. A filosofía empresarial, presente desde a súa fundación, baséase na conservación e racionalización das actividades pesqueiras. Naceu coa intención de explotar os caladoiros afastados que non se aproveitaban pola falta de barcos axeitados. Desde o momento da súa creación o grupo desenvolveu unha tecnoloxía inédita e apostou pola calidade dos seus produtos. Iniciou as súas actividades empresariais coa construción dun buque conxelador que foi enviado a Arxentina e ao S de África para coñecer o estado dos caladoiros. A partir de aquí e vendo o volume do negocio e as necesidades do mercado español, construíronse factorías e pesqueiros conxeladores. Foi o primeiro grupo de empresas español e europeo que promoveu a construción e explotación de conxeladores e buques factoría e pioneiro no desenvolvemento da acuicultura. A sede central está en Chapela (Redondela),...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Asento dianteiro exterior dunha carruaxe desde o que o cocheiro guía os cabalos.

    2. Cabeza de viga, peza de ferro ou ménsula que sae dun teito ou muro e que permite soster unha polea para izar ou facer baixar materiais de construción, mobles, etc.

    3. Barrade ferro disposta verticalmente nunha embarcación, que remata nun anel e que serve para izar botes ou áncoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que pesca por afección.

    2. Persoa que vende peixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. O seu estilo aproximouse a F. Lippi e a G. di Pietro. Destacou como decorador de paneis de arcas (Storia di Davide), e da súa obra sobresaen Trionfi di Petrarca e Storie di S. Silvestro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi pintor oficial de Federico I de Prusia e do seu fillo Federico II de Prusia o Grande. Decorou as residencias reais de Charlottenburg, Postdam e Sans-Souci, e cultivou o retrato (Federico II e o seu irmán Guillerme, 1714).

    VER O DETALLE DO TERMO