"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quincenario publicado en Madrid a partir de 15 de xaneiro de 1857. Subtitulouse “Periódico de ciencias, literatura, artes, industria y conocimientos útiles”. Impreso nos obradoiros tipográficos de Gaspar Roig, contou coa colaboración de destacados intelectuais da época, como Gustavo A. Bécquer ou Manuel Murguía, autor dunha biografía de Puente Brañas e dun artigo sobre a poesía contemporánea galega. Ademais, incluíu textos breves de Bieito Vicetto e Rosalía de Castro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo histórico e etnográfico inaugurado en 1983 pola Deputación de Lugo na fortaleza de San Paio de Narla (Friol). Pertence ao Consello Galego de Museos. A súa exposición componse de apeiros de labranza, obxectos tradicionais de uso cotiá como os utensilios para a preparación da la e do liño, a reprodución dunha cociña e dun comedor, artesanía popular e armaría (armas brancas e de fogo).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de técnicas e de prácticas relativas ao funcionamento dos museos. Encárgase da clasificación, descrición e catalogación dos obxectos dun museo. Wilhelm von Bode, director dos museos de Berlín no inicio do s XX, foi un dos principais pais da museografía. O International Council of Museums (ICOM), vinculado á UNESCO, e a Mouseion, publicada por esta última entidade, encargáronse de sistematizar e propagar as normas museográficas. OBS: Tamén se denomina museoloxía aplicada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á museografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa especializada en museoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de teorías sobre os museos como institución e sobre a súa función dentro da sociedade. Tras a Primeira Guerra Mundial intensificouse en Alemaña a estruturación destas teorías que deron lugar á tipificación dos museos como expoñente dunha nacionalidade concreta. Georges-Henri Rivièr estruturou dunha maneira coherente os estudos museolóxicos, e xunto con Hughes de Varine-Bohan estableceu a teoría do ecomuseo. A museoloxía describe como os museos se desenvolveron ata o que son, prescribe como debe ser e define as súas estruturas de organización e actividades. Segundo esta concepción, a museoloxía divídese en tres ramas: a museoloxía xeral, que estuda o museo, a súa historia, o seu papel social, os seus sistemas de investigación, de conservación, de educación e de organización; a museoloxía especial, que examina os diferentes tipos de museos, e a museoloxía aplicada ou museografía, que se ocupa da técnica museolóxica, práctica utilizada polo museo para cumprir...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á museoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo fundado en Braga en 1918 co nome de Museu de Arte e Arqueologia. En 1981 constituíuse como un museo rexional de arqueoloxía orientado principalmente á preservación e divulgación dos vestixios romanos de Bracara Augusta. A súa colección abarca un período cronolóxico comprendido entre o Paleolítico e a Idade Media.
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo nabateo ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo nabateo.
-
Pobo semita, probablemente de orixe árabe, que estivo situado na rexión noroccidental da Península Arábiga. O seu asentamento inicial é case descoñecido, aínda que se instalou posteriormente ao redor de núcleos como Petra e Hegra, onde constituíu importantes centros mercantís que o levaron a dominar as rutas comerciais que ían desde Arabia ata o Mar Vermello (finais do s IV a C). En 105 foi asimilado polo Imperio Romano.
-
Lingua semítica considerada un dialecto do arameo occidental. Consérvanse máis de 2.500 inscricións sobre pedra nunha zona que vai desde Damasco ata o Mar Vermello (sobre todo na península do Sinaí), a maioría datadas nos ss II e III.
-
-
PERSOEIRO
Pedagogo suízo. Foi un dos primeiros profesionais que utilizou o canto coral como un medio de educación. Fundou unha casa editorial de música e a Liga Suíza para a Cultura Musical.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás naiadáceas.
-
Planta da familia das naiadáceas.
-
Familia de plantas, da orde das naiadais, que presentan flores unisexuais. De distribución cosmopolita, está constituída por aproximadamente corenta especies de herbas acuáticas somerxidas en auga doce ou salobre.
-
-
-
Propio das napeas.
-
Relativo ou pertencente ás napeas.
-
Calquera das ninfas que, segundo a mitoloxía grecolatina, habitaban nos bosques. A miúdo eran confundidas coas dríades.
-
-
-
Moeda francesa de ouro cuñada co busto de Napoleón I Bonaparte entre 1805 e 1815, sobre todo a peza de 20 francos. A de 40 francos de ouro chamábase dobre napoleón.
-
Moeda de ouro de Luís Napoleón (Napoleón III) de igual valor á cuñada entre 1805 e 1815, cos seus múltiplos, cinco napoleóns (100 francos), dous napoleóns e medio (50 francos), e submúltiplos, medio napoleón (10 francos), e un cuarto de napoleón (5 francos).
-
-
PERSOEIRO
Militar e estadista corso, fillo de Carlos Bonaparte e Maria Laetizia Ramolino. Formouse nas escolas militares de Brienne e de Champ de Mars (París). Aínda que inicialmente as súas ideas comulgaron coas do independentista P. Paoli, durante a Revolución Francesa amosouse favorable á anexión con Francia, polo que, para evitar represalias, fuxiu a Marsella coa súa familia (1793). Declarado xacobino, comezou unha brillante carreira militar ata a Reacción Termidoriana (1794) -cando o prenderon- que recuperou posteriormente ao ser nomeado capitán do exército do interior. En París coñeceu e casou (1796) con Xosefina Beauharnais e ese mesmo ano marchou a Italia, onde conseguiu, tras unha brillante campaña, a celebración do Congreso de Rastatt (1797), o Tratado de Campoformio (1797) e a modificación do mapa político europeo: suprimiu o Reino de Venecia e creou a República Cisalpina. Pasou a Exipto para atallar os británicos na ruta cara ás colonias orientais e quedou illado pola destrución da súa...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Roma, fillo de Napoleón I Bonaparte e de María Luísa de Austria. De nome Francisco Carlos Xosé Bonaparte, era o sucesor do imperio e foi nomeado rei de Roma. Napoleón I Bonaparte abdicou nel en 1814 e 1815. Desde 1814 residiu en Viena, onde o nomearon príncipe de Parma e despois duque de Reichstadt (1818).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Francia (1852-1870), fillo de Luís de Holanda e de Hortensia de Beauharnais. De nome Carlos Luís Napoléon Bonaparte, foi elixido deputado na Asemblea Constituínte, emprendeu unha campaña propagandística en que alertaba a xente de orde (orleanistas, lexitimistas e católicos) contra o perigo do extremismo da guerra e foi elixido presidente. O 2 de decembro de 1851 deu un golpe de estado, feito que o converteu en xefe absoluto de Francia. Disolveu a asemblea, declarou o estado de sitio, restaurou o sufraxio universal e convocou un plebiscito demandando poderes extraordinarios para ditar unha constitución. O 2 de decembro de 1852, feito o plebiscito, foi proclamado emperador. Simpatizante do saint-simonismo e afeccionado á economía política, tentou mellorar a economía francesa, emprendeu grandes traballos públicos e reurbanizou París. A súa política exterior foi un continuo fracaso e as guerras (Crimea, 1854-1856; ataque a Italia en 1859; expedición a México, 1862-1867) foron impopulares...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos soberanos franceses chamados Napoleón.
-
Partidario dos soberanos franceses chamados Napoleón ou da súa dinastía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á nasofarinxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade multirracial estadounidense fundada en 1909 por W. E. B. du Blois para favorecer e facer respectar os dereitos das persoas negras en EE UU.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista estadounidense publicada en Washington a partir de outubro de 1888 como voceiro da National Geographic Society, constituída nove meses antes. Baixo a presidencia de Gardiner G. Hubbart, comezou como un diario erudito e sen ilustracións que evolucionou cara á cor e ás reportaxes fotográficas realizadas por fotógrafos de renome internacional. Creada para aumentar e difundir o coñecemento xeográfico e estimular a exploración, inclúe reportaxes de historia, ciencia e conservación do medio. Cunha periodicidade mensual, distribúese en todo o mundo.