nabateo -a

nabateo -a

(< lat Nabateu)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo nabateo ou á súa lingua.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo nabateo.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo semita, probablemente de orixe árabe, que estivo situado na rexión noroccidental da Península Arábiga. O seu asentamento inicial é case descoñecido, aínda que se instalou posteriormente ao redor de núcleos como Petra e Hegra, onde constituíu importantes centros mercantís que o levaron a dominar as rutas comerciais que ían desde Arabia ata o Mar Vermello (finais do s IV a C). En 105 foi asimilado polo Imperio Romano.

  4. s m [LING]

    Lingua semítica considerada un dialecto do arameo occidental. Consérvanse máis de 2.500 inscricións sobre pedra nunha zona que vai desde Damasco ata o Mar Vermello (sobre todo na península do Sinaí), a maioría datadas nos ss II e III.

Palabras veciñas

Nabadwīp | nabal | nabariza | nabateo -a | Nabatīya, Al- | nabeao | nabegao