"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
CIDADES
Cidade de Cisxordania situada ao N de Xerusalén, que forma parte dos territorios administrados pola Autoridade Nacional Palestina. Nela sitúanse as institucións que gobernan Palestina. Na Muqata, antigo cárcere británico, estivo confinado Y. Arafat durante casi tres anos (2001-2004) e foi o lugar escollido para o seu enterro, de xeito provisional, mentres non poida ser trasladado á explanada das mesquitas en Xerusalén.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de San Martiño (O Bolo). O seu cumio acada os 1.225 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ramaxe.
-
AFLUENTES
Afluente do río Anllóns pola dereita, que nace na parroquia de Xornes (Ponteceso) e desemboca na de Corcoesto (Cabana de Bergantiños).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia da Trapa (A Fonsagrada). O seu cumio acada os 571 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Combate sostido entre o exército inglés e o francés o 23 de maio de 1706, próximo á poboación homónima, en Brabante (Bélxica), durante a Guerra de Sucesión Española. Os ingleses, dirixidos polo duque de Marlborough, venceron as forzas francesas.
-
PERSOEIRO
Cosmógrafo e navegante. En 1618, xunto cos irmáns Nodal, explorou o estreito de Magallanes e o cabo de Hornos do que determinou a latitude. Co seu nome, Diego Ramírez, desígnanse un grupo de illas ao S de Tierra del Fuego, descubertas durante a expedición. Escribiu Reconocimiento de los estrechos de Magallanes y de San Vicente y algunas cosas curiosas de navegación (1621).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático e historiador, primeiro marqués de Villaurrutia. Foi ministro plenipotenciario e en 1898 interveu no Tratado de París. Foi embaixador en Austria entre 1902 e 1905 e ministro de Estado en 1905. Escribiu diversas obras de historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, libreiro e editor escocés. Autor de poemas satíricos e humorísticos, a súa obra principal é o drama pastoral The Gentle Shepherd (1725). A publicación de The Ever Green (1724), antoloxía recollida por G. Bannatyne, marcou novos camiños na poesía escocesa do s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor escocés, fillo de Allan Ramsay. Retratista, en 1739 iniciou unha brillante carreira a Londres, onde en 1761 foi nomeado pintor do Rei Xurxo III de Inglaterra. Das súas obras destacan os retratos George III, Queen Charlotte e Sir John Tyrell.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enfrontamento que se produciu na ría de Vigo o 23 de outubro de 1702, durante a Guerra de Sucesión Española, entre a escuadra española que transportaba a prata desde América co apoio dunha escuadra francesa dirixida por Château-Renault, e unha frota anglo-holandesa ao mando de G. Rooke. A presión anglo-holandesa impedira a descarga en Cádiz e o xeneral español Manuel de Velasco Tejada buscou refuxio na ría de Vigo. As embarcacións franco-españolas refuxiáronse na enseada de San Simón desde o 22 de setembro. Construíuse unha barreira no estreito de Rande e instaláronse 38 canóns no forte de Corbeira (Domaio, Moaña) e 17 na batería de Rande e comezou o desembarco do ouro que traía a frota. Parte das defensas desmontáronse cando parecía que os anglo-holandeses ían permanecer lonxe, pero o 21 de outubro esta frota apareceu na ría mentres se tentaban reconstruír as defensas. O 23 de outubro, despois de desembarcar as forzas anglo-holandesas, que destruíron as fortificacións e aniquilaron as...
-
-
Parte do casco das cabalarías, de forma piramidal, branda e flexible, que está debaixo do pezuño.
-
Enfermidade do gando vacún que se manifesta ao saír unha bocha debaixo da lingua.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
cadela de frade.
-
PERSOEIRO
Historiador persa. Foi médico e visir do il-khan Ghazān Khān. Escribiu Jāmi ‘al-Tawārīkh, unha historia do mundo desde a creación ata a súa época.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento do carpinteiro para alisar madeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alisar con raspilla.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada na Coruña en 1849. Creouse como Academia Provincial de Bellas Artes e desde 1913 instalouse no edificio do Real Consulado do Mar. Baixo o seu patrocinio naceron o Museo Provincial de Belas Artes e a Escola de Artes e Oficios da Coruña. Desde o 12 de xullo de 1916 ostentou o título de Real, desde o 14 de abril de 1947 someteuse oficialmente baixo a advocación da Virxe do Rosario, patroa da cidade da Coruña e en 1984 modificou a súa denominación pola de Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario. Desde 1986 integrouse no Instituto de España como academia asociada. Consta das seccións de Pintura e Gravado, Arquitectura, Escultura, Música e Amantes da Arte. O seu regulamento facultouna como institución oficial consultiva da Administración para actuar en todo o relativo á protección, acrecentamento e transmisión ás xeracións futuras dos bens culturais, así como promover e realizar estudos de investigación e promocionar o desenvolvemento das manifestacións...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en Madrid pola Real Cédula de Filipe V o 13 de xullo de 1744, para promover o estudo e cultivo da pintura, escultura e arquitectura. En 1747 someteuse ao patrocinio de san Fernando e coa celebración da súa apertura oficial en 1752 na Casa de la Panadería, erixiuse como a primeira academia oficial de España, instituída por Fernando VI como Real Academia de las Tres Nobles Artes de San Fernando. En 1773 Carlos III trasladouna a un palacio barroco, propiedade de Juan de Goyneche, que foi posteriormente reformado en estilo neoclásico por Diego de Villanueva. A súa actividade centrouse no ensino das artes e en 1845 naceu, baixo o seu amparo, a Escuela Superior de Bellas Artes. Organízase nas seccións de Pintura, Arquitectura, Música e Escultura y Artes de la Imagen. Dela depende a Calcografía Nacional, creada en 1789. Desde 1996 está composta por 54 membros numerarios, ademais dos académicos correspondentes e honorarios. Está integrada no Instituto de España e conta co Museo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Chancillería.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de San Cristovo do Real (Samos). O seu cumio acada os 833 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO