"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
PERSOEIRO
Debuxante arxentino. Coñecido como Quino, fíxose popular pola serie Mafalda, iniciada en 1962, onde viu o mundo dos grandes a través dos pequenos. Cultivou tamén o cartelismo e recolleu a súa obra en volumes, como Mundo Quino (1963), Déjenme inventar (1983) e Quánta bondad (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de capela. Exerceu na catedral de Mondoñedo, desde 1777 ata 1780, en que se trasladou a Oviedo. Xunto a Roel del Río e Almeida Mota, fixo posible o cambio de estética musical na catedral mindoniense. A súa escasa obra (consérvanse trece pezas) posúe as características do clasicismo. Os estudiosos Joam Trillo Pérez e Carlos Villanueva Abelairas compararon o seu estilo co de Melchor López.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador francés. Agregado á sección sexta da École des Hautes Études en Sciences Sociales de París (1962-1993), foi director de investigacións (1972-1977). Especializouse na investigación da antropoloxía, da historia das mentalidades e das clases sociais da Idade Media. Escribiu Les intellectuels au Moyen Âge (1956), La civilisation de l’Occident médiéval (1972) e Ditionnaire raisonné de l’ Occident Médiéval (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de escena e mimo. En 1945 entrou a formar parte da compañía de teatro de Jean Dasté, onde se ocupou da preparación física do actor. Participou na creación da escola de formación do Picolo Teatro de Milán e tomou contacto coa commedia dell’arte italiana. Realizou traballos con Gianfranco De Bosio e Giorgio Strehler, normalmente vinculados ao estudo do movemento escénico. Fundou en parís a École International de Théâtre (1956) e, en 1966, abandonou a práctica do teatro para dedicarse exclusivamente ao ensino. Escribiu Le corps poétique (1997)
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista francés. Coñecido co nome latino de Faber Stapulensis, foi aristotélico no sentido humanista e viaxou a Italia, onde tratou con Barbaro e Pico della Mirandola (1492). A súa afección polos místicos levouno a editar as obras do pseudo-Dionisio e de Nicolao de Cusa, ademais das de R. Llull, como o Liber contemplationis, o Clericus, o Phantasticus, o Liber natalis e De amigo e amato. Posteriormente consagrouse aos estudios bíblicos e aos tratados de crítica neotestamentaria. Como Erasmo, pertenceu ao movemento reformista pretridentino dentro da Igrexa católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Marquesado que ten dous títulos: o das Dúas Sicilias e o de Castela. O título das Dúas Scilias foi outorgado por Carlos VII das Dúas Sicilias (futuro Carlos II de España) ao mariscal de campo galego Bernabé Romero de Leis (Messina 12.5.1735). As súas armas levan, en campo de ouro, un piñeiro de sinople, terrazado do mesmo, e arrimado de cinco lanzas de prata, fustadas de sable, postas tres á destra e dúas á sinistra (Leis); no timbre, coroa marquesal. O título de Castela foi cedido por Isabel II a José María Montenegro Gago, VII marqués de Leis como título das Dúas Sicilias (Tarragona 1.7.1844). As súas armas traen, en campo de prata, a letra M de sable (Montenegro); no timbre trae coroa marquesal.
-
PERSOEIRO
Arquitecto francés. Traballou en Versailles e no Louvre, no pavillón do Horloge. Protexido por Richelieu, fixo o Palais-Cardinal (1629-1636), actual Palais Royal, e a igrexa da Sorbonne, en París, e proxectou en 1631 o castelo e a cidade de Richelieu, en Turena. Fixo tamén a igrexa de Saint-Roch (1653), en París.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Licenciado en Filosofía e Letras e catedrático de Lengua e Literatura Españolas. Crítico de arte e literatura en diversas publicacións periódicas, publicou Antología de Rosalía de Castro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Aragón (1412-1416), filla do conde Sancho e sobriña de Enrique II de Castela. Tiña un extenso patrimonio en La Rioja, na rexión do Baixo Tormes e Extremadura. Casou con Fernando de Antequera (1393), fillo de Xoán I de Castela e contribuíu coa súa riqueza a que o seu home fose elixido rei de Aragón no Compromiso de Caspe (1412). Cando enviuvou (1416), retirouse a Castela, e mediou nos conflitos que mantiñan os seus fillos, infantes de Aragón, con Xoán II de Castela, polo que as súas posesións foron entregadas finalmente a Álvaro de Luna.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duquesa de Aquitania, de Gascoña e de Poitiers (1137-1169, 1199-1204), raíña de Francia (1137-1152) e raíña de Inglaterra, filla de Guillerme X de Aquitania. Herdou o Ducado de Aquitania en 1137, ano en que casou con Luís VII de Francia. O Concilio de Beaugency anulou o matrimonio en 1152 e ese mesmo ano casou con Enrique Plantagenet, futuro Enrique II de Inglaterra. Aliouse cos seus fillos na conspiración contra o pai, e uniu á causa ao seu primeiro home, feito que desencadeou o seu confinamento en prisión durante 15 anos. Ante as aspiracións dos fillos polo trono, defendeu en primeiro lugar a Ricardo I de Inglaterra Corazón de León fronte a Xoán I de Inglaterra Sen Terra, pero morto o primeiro, defendeu a Xoán fronte a Filipe Augusto de Francia. Posuía un alto nivel cultural e promoveu a poesía trobadoresca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
veza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco Gómez de Sandoval Rojas y de Borja.
-
GALICIA
Mariñeiro e sindicalista. De ideoloxía anarcosindicalista, foi un dos fundadores da Unión Pesquera de Gijón, integrada en UGT en 1931, e un dos alicerces da súa posterior integración na CNT. Activo propagandista da Federación Regional de Industria Pesquera nas súas estancias en Galicia, sorprendeulle a Guerra Civil Española en Gijón, onde ocupou o cargo de delegado de Flota Mayor no Comité de Industrias Pesqueras e participou na Agrupación Confederal Galaica en Asturias. Coa caída da fronte do Norte, logrou escapar a València, onde exerceu de secretario da Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios. Detido no Campo de Albatera (Alacant) no remate da contenda, pasou seis anos no penal de San Miguel de los Reyes (València). Liberado a finais de 1945, exiliouse en Tunes e, máis tarde, en Uruguay.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mancha branca que cobre total ou parcialmennte a uña.
-
PERSOEIRO
Político e xornalista canadense. Elixido para a Assemblée Nationale polo Parti Libéral du Québec en 1960, foi ministro de Obras Públicas (1960-1961), de Recursos Naturais (1961-1966) e de Familia e Benestar Social (1966). Cofundador e presidente (1968-1976) do Parti Québécois (PQ), foi primeiro ministro de Québec desde 1976. En 1985 renunciou ao liderado do PQ, fortemente dividido.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fracción disidente do Sozialdemokratische Partei Deutschlands (SPD), liderado por Rosa Luxemburg e Karl Liebknecht e oposta á Primeira Guerra Mundial. Constituíu o Unabhängige Sozialdemokratische Partei Deutschlands (USPD) en 1917 e despois da Revolución Rusa aliáronse aos comunistas e fundaron o Kommmunistische Partei Deutschlands (KPD).
-
PERSOEIRO
Escultor. Traballou en París con Picasso, Braque e Leger. Aplicou os descubrimentos cubistas á escultura, coa mestura das superficies cóncavas e convexas, dos planos e os relevos. Da súa obra destacan Cabeza (1915), conxunto de signos sen relación algunha, Espido reclinado con guitarra (1928) e A nai e o fillo (1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Organismo do grupo dos liques.
-
Grupo de organismos de natureza dobre, constituído por células dunha alga enlazadas polas hifas dun fungo. A alga recibe do fungo sales minerais disoltas, e o fungo colle da alga substancias orgánicas das que se alimenta. Resultan eficaces colonizadores de superficies rochosas, troncos de árbores ou solos pobres. Esta asociación prodúcese entre fungos ascomicetos ou basidiomicetos con algas clorofíceas ou algúns grupos de cianofíceas. Aínda que esta asociación é xeralmente simbiótica, pode ser parasitaria por parte do fungo. Sintetizan numerosas substancias exclusivas. Algúns ácidos liquénicos teñen interese en tinturería ou en farmacia.
-
-
Nome xenérico de diversas dermatoses populares. O lique plano, a variedade máis importante, consiste nunhas pápulas aplanadas e redondeadas, secas e lixeiramente escamosas, persistentes e prurixinosas. O lique escrufuloso é unha lesión cutánea propia dos individuos tuberculosos.
-
carragheen.
-
Lique terrícola de cor verdosa ou castaña, propio de rexións frías ou montañosas. Contén polisacáridos que se empregan en farmacia e como alimento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos liques.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa especializada en liquenoloxía.