lique
(
-
[PROTISTA/FUNGO]
-
s
m
Organismo do grupo dos liques.
-
s
m pl
Grupo de organismos de natureza dobre, constituído por células dunha alga enlazadas polas hifas dun fungo. A alga recibe do fungo sales minerais disoltas, e o fungo colle da alga substancias orgánicas das que se alimenta. Resultan eficaces colonizadores de superficies rochosas, troncos de árbores ou solos pobres. Esta asociación prodúcese entre fungos ascomicetos ou basidiomicetos con algas clorofíceas ou algúns grupos de cianofíceas. Aínda que esta asociación é xeralmente simbiótica, pode ser parasitaria por parte do fungo. Sintetizan numerosas substancias exclusivas. Algúns ácidos liquénicos teñen interese en tinturería ou en farmacia.
-
s
m
-
s
m
[PAT]
Nome xenérico de diversas dermatoses populares. O lique plano, a variedade máis importante, consiste nunhas pápulas aplanadas e redondeadas, secas e lixeiramente escamosas, persistentes e prurixinosas. O lique escrufuloso é unha lesión cutánea propia dos individuos tuberculosos.
-
lique branco
[QUÍM/BOT]
carragheen.
-
lique negro/de Islandia
[PROTISTA/FUNGO]
Lique terrícola de cor verdosa ou castaña, propio de rexións frías ou montañosas. Contén polisacáridos que se empregan en farmacia e como alimento.