liquenoloxía
liquenoloxía
(
s
f
[BOT]
Especialidade da botánica consagrada ao estudo dos liques. A súa creación parte da obra do sueco Erik Acharius (1757-1819). O seu labor de descrición e ordenación das novas especies, baseada aínda sobre caracteres macroscópicos pero feita segundo criterios modernos, foi ampliada por Elias Magnus Fries (1794-1878). Posteriormente, o italiano De Notaris empregou os caracteres microscópicos e Fréderic Nylander (1822-1889) engadiu a utilización de reaccións coloreadas. Simon Schwendener (1826-1919) demostrou a composición dobre dos liques. Actualmente, trabállase intensamente na química, a fisioloxía e a ecoloxía dos liques.