Lipscomb, William Nunn

Lipscomb, William Nunn

Químico estadounidense. Traballou nas universidades de Minnesota e Harvard. Deduciu a estrutura dos boranos mediante o uso de raios X e resonancia magnética, e propuxo a existencia dun novo tipo de enlace en ponte de hidróxeno. Escribiu Boron hydrides (1963) e Nuclear magnetic resonance studies of boron and related compounds (1969). En 1976 recibiu o Premio Nobel de Química pola dedución da estrutura dos boranos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Cleveland, Ohio