"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Pianista de jazz canadense. Coñecido como Oscar Peterson, desenvolveu a súa carreira en EE UU, onde herdou o estilo de Nat King Cole, E. Garner e A. Tatum para as súas interpretacións. Acadou sona mundial actuando con primeiras figuras do jazz, sobre todo en tríos e, desde a década de 1970, cada vez máis en solitario. É autor de Jazz Exercises and Pieces (1965) e Oscar Peterson New Piano Solos (1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Foi catedrático de Canons na Universidade de Bolonia (1223) e na de Padua (1229). Escribiu Summa super titulis Decretalium, considerada por Schulte coma unha das máis destacadas obras xurídicas da Idade Media.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e militar haitiano. Participou na rebelión que expulsou os británicos e españois de Haití (1798). En 1807 instaurou unha república no S e O de Haití e enfrontouse a Enrique Christophe (Enrique I de Haití), quen establecera a monarquía no N.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cirurxián. Foi o primeiro que tratou as infeccións do oído abrindo cirurxicamente a apófise mastoide. Inventou o torniquete compresor e deixou incompleto un Traité de Chirurgie.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Coreógrafo e bailarín francés. Formouse na escola de danza da Opera de París e con F. Lifar. Nas súas creacións combina a fantasía con elementos do realismo contemporáneo. Fundou, en 1945, Les Ballets des Champs-Élysées e Les Ballets de Paris, e desde 1972 dirixiu Les Ballets de Marseille.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta húngaro. Máximo representante do romanticismo en Hungría e líder espiritual da revolución húngara de 1848, foi o símbolo no seu país do desexo de liberdade. Coñecedor da literatura moderna, traduciu aos clásicos como Shakespeare. Practicou a poesía optimista e cívica, accesible a todo o mundo, caracterizada por unha linguaxe nova, influída polo coñecemento e polo gusto da lírica popular. Das súas obras destacan Cipruslombok Etelka Sírjáról (Follas de ciprés diante da tumba de Etelka), Bordalok (Canto do viño), Janós Vitez (O heroe Janos, 1845), Talpra Magyar (En pé, maxiares!, 1848), Egy gondolat bánt engemet (Un pensamento no tormento) e O Apóstolo (1848).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta italiano. Como humanista, a súa cultura foi vasta e refinada, máis literaria ca filosófica, onde condenaba a corrupción e a decadencia da Igrexa, nun intento por volver á simplicidade evanxélica. A lectura das Confesións de santo Agostiño sumiuno na primeira das numerosas crises relixiosas que tivo ao longo da súa vida. Formouse inicialmente en leis en Montpellier, Bolonia e Aviñón, ata que en 1326 decidiu dedicarse plenamente á literatura. Preocupouse de forma extraordinaria polo seu estilo, baseado na lectura dos clásicos e, como humanista, polo legado que ía deixar ás xeracións posteriores. Ligado nun principio á familia do cardeal Colonna, co tempo estivo baixo a protección do arcebispo de Milán G. Visconti e mesmo mantivo relación coa familia dos Carrara. Coroado como poeta no Capitolio de Roma en 1341, as súas obras poden clasificarse entre as escritas en latín, dirixidas á nobreza e ao papado; e as escritas en lingua “vulgar”, orientadas ao estamento burgués, que cronoloxicamente...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa petroleira estatal mexicana, creada en 1938 ao ser nacionalizada a produción nacional polo goberno de Lázaro Cárdenas.
-
PERSOEIRO
Mártir. Foi unha doncela patricia martirizada en Roma por non querer casar cun patricio romano que a denunciou por cristiá. Consérvase o seu sepulcro nas catacumbas de Domitila. Viste a túnica coa estola das patricias romanas e, moitas veces, con diadema ou coroa por ser virxe; como suposta filla de san Pedro, con quen se confunde, pode aparecer cunha chave (atributo persoal), aínda que é máis frecuente que apareza coa palma do martirio e mais cun libro. A súa festividade celébrase o 31 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Boloña. Ocupou varios cargos civís ata que se decidiu polo sacerdocio e foi bispo de Boloña cara a 430. Visitou os lugares santos de Palestina. A súa festividade celébrase o 4 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xogador de xadrez xeorxiano. Foi campión da URSS en 1959 e 1961, e campión do mundo en 1963 e 1969. Practicaba un xogo moi defensivo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático ruso. Investigou e publicou sobre a teoría de ecuacións en derivadas parciais, a teoría de probabilidades e as ecuacións diferenciais ordinarias. Foi condecorado coa orde de Lenin e recibiu diversos premios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor italiano. Considerado un destacado impresor musical, as súas obras son moi valoradas pola súa calidade e técnica, sobre todo a primeira, titulada Harmonice musices Odecathon (1501).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xoán XXI.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de petulante.
-
-
Que ou quen se cre superior aos demais e amosa unha actitude inmodesta, insolente e despreciativa.
-
Que ofende pola súa falta de respecto aos demais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas, da familia das apiáceas, de raíz fibrosa, con follas inferiores pinnadas e superiores que xorden da vaíña foliar, flores de cor branca e froitos dorsalmente comprimidos. En Galicia dáse en lugares húmidos a especie P. lancifolium.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro e industrial francés. Xunto co seu irmán Eugène Peugeot (Hérimoncourt 1844-1907) iniciou a fabricación en Francia de bicicletas e automóbiles, agrupando varias sociedades da familia Peugeot. En 1897 fundou a Société des Automobiles Peugeot. Máis tarde fóronse independizando varias sociedades: Peugeot Cycles (1926), Peugeot Automobiles (1929) e Peugeot et Cie.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e pintor ruso. Naturalizado francés, instalouse en París (1911-1914) onde fixo o seu primeiro cadro abstracto. Volveu co seu irmán Naum Gabo a Moscova e asinou o Manifesto Realista (1920), de tendencia construtivista. En 1946 recibiu un premio polo seu Monumento ao preso político.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Tui. Datada en época medieval (s XII), pertencía a un antigo mosteiro xa desaparecido. Do templo medieval consérvase a nave. Na fachada occidental destacan tres arquivoltas de directriz semicircular con xambas e columnas monolíticas cos capiteis decorados. A portada norte ten capiteis decorados e a do sur posúe unha chambrana de billetes.
VER O DETALLE DO TERMO