petulante

petulante

(< lat petŭlante)

  1. adx e s

    Que ou quen se cre superior aos demais e amosa unha actitude inmodesta, insolente e despreciativa.

    Ex: Xa estaba farta de aturar a persoas petulantes. É unha petulante, por iso non ten amigos.

    Sinónimos: arrogante.
  2. Que ofende pola súa falta de respecto aos demais.

    Ex: Os seus petulantes comentarios feriron o meu orgullo.

Palabras veciñas

Petsamo | Petty, William | petulancia | petulante | petuñeiro -ra | petunia | Petunia