"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Mártir. Os seus restos foron traídos a Galicia en 1830 por Xosé A. Ribadeneira, alto dignatario eclesiástico nacido en Buciños, desde o cemiterio das catacumbas de san Calisto xunto co vaso do seu sangue e unha lápida marmórea que levaba inscritos o nome do novo santo e o seu crismón. É protector dos mozos que se incorporan a quintas e dos soldados. Represéntase como a un mozo novo xacente. A súa festividade celébrase o 9 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico suízo. Describiu as acumulacións dos folículos linfáticos da mucosa intestinal, que son coñecidas como placas ou nódulos de Peyer.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e pintor. Exiliouse a México en 1941, onde obtivo o título de arquitecto e foi profesor de deseño na Universidad de México. Proxectou o Palacio de Deportes dos xogos olímpicos de 1968 e o Centro de Exposicións da UNAM. A partir de 1978 dedicouse á pintura, cun estilo de formas indefinidas xeradas por unha aplicación coidadosa e suave da cor.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Santiso. De estilo románico (s XII), ten unha soa nave de forma rectangular dividida por un arco de medio punto. No seu interior destaca a ábsida, construída en data posterior á nave. A porta principal está formada por un par de columnas acobadeladas sobre as que se apoia unha dobre arquivolta. No tímpano destaca unha cruz en forma de aspa inscrita nun cadrado. A fachada remata nunha espadana de dous vans. Na fachada meridional a cruz do tímpano está rodeada por unha moldura de pequenos arcos en forma de coroa. Consérvanse os canzorros románicos que sosteñen o beiril do tellado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático alemán. Foi profesor en Helmstedt e en Halle. Estudou e desenvolveu a teoría das ecuacións diferenciais en derivadas parciais. Publicou Disquisitiones analyticae (1797).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo alemán. Amigo de Edmund Husserl, coñécese pola súa Logik (1921), considerada a máis completa exposición da lóxica fenomenolóxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Incisión abdominal curvada por enriba da pube, de convexidade inferior, que se utiliza en cirurxía xinecolóxica.
-
PERSOEIRO
Compositor e director de orquestra. Oposto a todo vangardismo, foi un continuador da obra de Wagner e Strauss. Destaca a súa produción escénica, como Palestrina (1917), pero tamén a música orquestral, as obras corais, de música de cámara e máis de 90 lieder.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor alemán. Foi discípulo de Heinrich Tischbein (1801-1805) e cofundador da escola nazarena (1809). Da súa produción destaca o díptico Sulamith e María (1811).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político vietnamita. Nacionalista, entrou no Partido Comunista e colaborou na creación do Vietminh (1941). Coa independencia de Vietnam, foi ministro de Asuntos Exteriores (1954-1961) e primeiro ministro da República Democrática de Vietnam (1955-1976), e despois primeiro ministro de Vietnam unificado (1981-1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Changwat de Tailandia (4.171 km2; 234.033 h [2000]). A súa capital é Phangnga (8.918 h [1993]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra publicada en 1807 por G. W. F. Hegel que amosa a sucesión das diferentes formas da conciencia ata chegar ao saber absoluto. O proceso diríxese cara á conciencia individual como razón e desde aí, a través da historia, á entrada do espírito en si mesmo a través da relixión. O espírito é el mesmo cando xa se manifestou anteriormente en toda a súa verdade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos fasiánidos, ao que pertence o faisán.
-
PERSOEIRO
Compositor francés. Proveniente dunha coñecida e prestixiosa familia dedicada á música, compuxo, ademais de música relixiosa, óperas cómicas como Blaise le savetier (1759) e Sancho Pança dans son ile (1762).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa petroleira estadounidense, con sede en Bartlesville (Oklahoma), fundada en 1917. Desenvolve unha importante actividade no campo da petroquímica e das fibras sintéticas.
-
PERSOEIRO
Compositor e cantante estadounidense. En 1965 fundou o cuarteto vogal The Mamas and the Papas, con que obtivo un enorme éxito, especialmente coas cancións “Monday, monday” (Premio Emmy), e “California Dreamin”. Tras a disolución do grupo en 1968, editou en solitario os discos John Phillips (1969) e John the Wolfking of L.A. (1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico estadounidense. Investigador do National Institute of Standards and Technology de Maryland, descubriu (1988) que os átomos alcanzaban unha temperatura seis veces menor que a que fora calculada teoricamente. Recibiu o Premio Nobel de Física (1997), compartido con S. Chu e C. Cohen-Tannoudji, polo desenvolvemento do arrefriamento e captura de átomos por láser.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Changwat de Tailandia (10.816 km2; 791.652 h [2000]). A súa capital é Phitsanulok (84.284 h [2000]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de insectos tricópteros, da familia dos frigánidos, que se caracterizan por ser de pequeno tamaño e coloración parda. As larvas viven en auga doce, e fabrican refuxios con grans de area. En Galicia dáse a especie P. grandis, de ata 40 mm, con aspecto de bolboreta nocturna e de voo nocturno durante o verán.
-
PERSOEIRO
Político e xurista. Comezou a destacar na política en 1854 como integrante do Partido Democrático. Afirmou que só na república federal o “contrato libre” ou o pacto permitían substituír a autoridade como base das relacións sociais. O seu programa reformista preconizaba a reconstrución administrativa das rexións históricas como estados autónomos e o acantoamento da Igrexa e do exército. Exiliado en París (1866-1868), rompeu cos xefes dereitistas do Partido Democrático e volveu a España cando foi elixido deputado a Cortes (1869-1873). A partir de 1870 o seu papel foi hexemónico na dirección do Partido Republicano Democrático Federal (PRDF). Despois dos fracasos electorais de 1871 e 1872, non puido conseguir a formación dun centro maioritario. Nomeado ministro de Gobernación (1873) da Primeira República Española, o seu prestixio acadou o punto máis alto en abril, cando abortou o intento do golpe de estado dos radicais. Con todo, como presidente do Consello de Ministros (11 de xuño-18 de xullo...
VER O DETALLE DO TERMO