Pezobrés, Santo Estevo de
Pezobrés, Santo Estevo de
Igrexa parroquial situada en Santiso. De estilo románico (s XII), ten unha soa nave de forma rectangular dividida por un arco de medio punto. No seu interior destaca a ábsida, construída en data posterior á nave. A porta principal está formada por un par de columnas acobadeladas sobre as que se apoia unha dobre arquivolta. No tímpano destaca unha cruz en forma de aspa inscrita nun cadrado. A fachada remata nunha espadana de dous vans. Na fachada meridional a cruz do tímpano está rodeada por unha moldura de pequenos arcos en forma de coroa. Consérvanse os canzorros románicos que sosteñen o beiril do tellado.