"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

    1. Relativo ou pertencente ás glándulas.

    2. Estrutura que presentan certas rochas, consistente nun conxunto de nódulos que se forman xeralmente de feldespato, de granate ou dunha reunión de diferentes minerais, que se separan entre eles por capas de mica. É frecuente en rochas metamórficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén glándulas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Semellante a unha glándula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • glandulífero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Estudiou con Rimskij-Korsakov e foi profesor e director do Conservatorio de San Petersburgo. Foi considerado como o continuador do Grupo dos Cinco. É autor de ballets, sinfonías e concertos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Efecto sonoro producido nun instrumento musical que consiste nunha sucesión sonora moi rápida dunha serie de notas contiguas dunha escala, que se obtén por procedementos mecánicos, deixando esvarar o dedo polo teclado ou polas cordas do instrumento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Membro do grupo de Les nouveaux philosophes, centrou os seus intereses analíticos en cuestións como a violencia. Consideraba que a razón de ser da democracia é defenderse contra o mal e que só desde esta idea é posible resistirse á guerra. Das súas obras destacan Le discours de la guerre (1967), Strategie de la révolution (1968) e Dostoievski en Manhattan (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Coñecido como Franck, inicialmente dedicouse á literatura ata que en 1845 decidiu centrarse na fotografía. Nese ano trasladouse a Barcelona e en 1849 abriu un estudo de daguerrotipos especializado en retratos. A partir de 1854 impartiu clases de fotografía e dedicouse á venda de material fotográfico. Asociouse con Wigle en 1855 e dous anos máis tarde regresou a París, onde deu clases na Escola Politécnica. O seu estudo parisino foi un dos máis coñecidos do Segundo Imperio. Neses anos traballou o negativo de papel e, posteriormente, interesouse polo colodión e os papeis leptográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santa María de Ferreira de Pantón. Formada por varios corpos erixidos en diferentes épocas, a súa planta ten forma de L. Conserva dous patios e unha capela integrada no edificio da que sobresae o campanario na fachada principal. Nesta, presenta unha solaina do s XVIII e dous escudos coas armas dos López de Lemos, Valcárcel, Breganzos e Enríquez, e coas dos Saco, Ribadeneira, Quiroga e Valboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Atleta. Especializado nas carreiras de fondo, participou nos Xogos Olímpicos de Seúl 1988, Barcelona 1992 e Atlanta 1996. Proclamouse campión de Europa de campo a través coa selección española en 2001 e subcampión en 1995. En 1997 debutou en maratón, proba na que ostentou provisionalmente a mellor marca de Europa. En 2002 formou parte do equipo español vencedor na Copa de Europa de Maratón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e xornalista. En Montevideo fundou Revista Española e colaborou con outros medios informativos. Ademais, foi consultor honorario da legación española e fundou o Club Ibérico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Valido de Filipe III (1598-1618), quinto marqués de Dénia, conde e duque de Lerma, conde de Ampudia (1602-1625), grande de España e cardeal (1618-1625), fillo do cuarto marqués de Dénia. Xentilhome da cámara de Filipe II, foi nomeado vicerrei de València (1595-1597). Trala morte do monarca (1598), Filipe III confioulle todos os asuntos de Estado, co que se iniciou o réxime de validos dos Austrias. A súa política interior estivo dirixida ao enriquecemento e engrandecemento persoal, para o que creou unha importante rede de clientelismo mediante a venda de títulos e favores. Foi tamén o artífice da expulsión dos mouriscos (1609-1610) e da política pacifista do monarca, que levou a Castela a asinar a paz con Francia (1601), Inglaterra (1605) e os Países Baixos (Tregua dos Doce Anos). Os escándalos financeiros e a crecente oposición dentro da corte, liderada polo seu fillo, a Raíña Margarida e o confesor real, Luis de Aliaga, precipitou a súa caída (1618). Tras abandonar a corte foi elixido...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Valido de Filipe III (1618-1621), primeiro duque de Uceda (1609) e marqués e duque de La Cea, fillo do duque de Lerma. Trala caída do seu pai (1618) ascendeu ao cargo de valido. Durante o seu goberno, influenciado por Luis de Aliaga e Baltasar de Zúñiga, reanudou a política bélica exterior, coa participación de Castela na primeira fase da Guerra dos Trinta Anos, e apoiou os intereses da nobreza latifundista. Á morte de Filipe III (1621), foi procesado e desterrado da corte polo novo monarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e realizador. Realizou estudios de Ciencias Políticas e Ciencias da Información. Director de Estudio 13, foi produtor executivo da película El Pórtico de la Gloria, realizador de De Jaca a Compostela, Las calles de Dublín e Phoenix Park, e produtor de Música en Compostela. Escribiu Londres e Vigo, calles y rincones e Bodegas de Galicia (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Colaborou en Gruporzán e pertenceu o grupo Nouvelle-Figuration, co que defendeu o neosimbolismo como linguaxe artística. A súa obra evolucionou desde uns inicios figurativo-coloristas ata un expresionismo simbólico de densos empastes matéricos. Desde mediados da década de 1990, a súa obra caracterizouse pola representación de símbolos que reflicten unha confrontación dualista da sociedade; entre outras series, destacan Duidades (1995-1996), Tempo detido (1997), Omphalos (1998), Labiritos (1999) e En la red (2000). Desde   2000 incorporou novos materiais e elementos plásticos, como a fotografía e a impresión dixital, en Cachitos de cielo (2000-2002) e Ensaios (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nadador. Participou nos Xogos Olímpicos de Montreal 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Cultivou a novela realista cunha gran perfección de estilo. En Oblomov (1847-1859) o protagonista representa a decadencia do terratenente, e en Obryr (O precipicio, 1869) xa aparecen as novas ideas do progresismo e nihilismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e teórico italiano. Tomou o nome de Andrea Palladio en honor de Palas Atenea (Pallade Atena). En Vicenza traballou con Gian Giorgio Trissino, o seu protector, que o levou a Roma, onde estudiou os tratados clásicos e os monumentos clásicos e da súa época. Regresou a Vicenza en 1546, onde construíu, entre outros, os palacios della Ragione e Chiericati, as vilas Capra, coñecida como La Rotonda (1550-1552), e Barbaro en Maser, as igrexas de San Giorgio Maggiore (1565-1580) e Il Redentore (1576-1592), amais do Teatro Olimpico, iniciado en 1580. Fixo unha interpretación dos modelos clásicos que creou unha escola, o palladianismo, e influíu no neoclasicismo. Escribiu Le antichità di Roma (1554) e o tratado teórico I quattro libri dell’architettura (1570).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luís González López.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Alexandro, a súa obra caracterízase polo tratamento xestual propio do informalismo, valorando a mestura de materiais diversos. Realizou exposicións en distintas cidades europeas e a súa obra está presente, entre outras coleccións, no Museo de Ourense, na Deputación da Coruña e na Universidade de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO