"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
PERSOEIRO
Explorador e fotógrafo australiano. En 1928 demostrou a inexistencia de terra entre Alaska e o Polo. Cartografou a Terra de Graham e serviuse dun submarino (1931) para tentar chegar ao Polo Norte baixo a banquisa ártica, expedición que fracasou. lang=EN-GB mso-ansi-language: EN-GB >Escribiu Flying the Arctic (1928), Undiscovered Australia (1928) e Under the North Pole (1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora escocesa. Coñecida como Margaret Oliphant, a súa obra caracterizouse polo retrato dos personaxes e da vida en Escocia e Inglaterra. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Da súa extensa produción destacan Margaret Maitland (1850), Chronicles of Carlingford (1863-1876), The Minister’s Wife (1869) e The Makers of Modern Rome (1895).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno arbusto propio de América do Norte. A súa esencia emprégase en forma de fregas como antirreumático analxésico.
-
CIDADES
Cidade do land de Saxonia-Anhalt, Alemaña, situada á beira dereita do Elba (50.100 h [1990]). Porto fluvial, ten industrias químicas, mecánicas, electrotécnicas, de papel e de xabón. Converteuse en sede da dinastía Ascania dos duques de Saxonia, e despois (s XV) da dos Wettin. Conserva o castelo (1500?), onde Lutero en 1517 fixo á porta da igrexa as súas 95 teses.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Descubriu un novo tipo de composto, chamado iluro, en que un átomo de carbono se une a outro átomo distinto por medio de dous enlaces diferentes, un iónico e outro covalente. Recibiu o Premio Nobel de Química (1979), compartido con H. C. Brown (1912), polos seus traballos no desenvolvemento de novos reactivos orgánicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do land de Baixa Saxonia, Alemaña (121.954 h [200]). A súa industria baséase sobre todo na empresa automobilística Volkswagen.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Figura capital nos chamados estudos deónticos, procura fuxir do reducionismo positivista da acción á natureza e do dualismo entre liberdade e necesidade. Das súas obras destacan Logical Studies (1957) e Freedom and Determination (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo estado da Alemaña meridional, rexido polos condes da casa de Württemberg, que obtiveron a dignidade real en 1805. Despois da Segunda Guerra Mundial foi dividido en dous länder: Württemberg-Hohenzollern, que correspondía á zona meridional e que foi ocupado polos franceses, e Württemberg-Baden, ao N, ocupado por EE UU. En 1951 ambas as dúas zonas formaron, xunto ao antigo estado de Baden, o land de Baden-Württemberg.
-
DINASTIAS
Dinastía que rexeu o territorio homónimo. O seu xenearca foi Conrado de Bentelsbach , que edificou o castelo de Wirtinisberg ou Württemberg (1083?), preto de Stuttgart, converteuse no conde Conrado I de Württemberg. Os seus descendentes ampliaron o territorio que en 1480 se dividiu nas liñas de Württemberg e Montbéliard, unidas de novo en 1593. En 1797 coa morte do duque Federico Uxío I de Württemberg formáronse cinco liñas.A quinta liña recibiu ao morrer o Rei Guillerme II os dereitos reais.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da Baixa Franconia, Alemaña, en Baviera, situada á beira dereita do Main (127. 350 h [2000]). É un centro vitivinícola. Estableceuse na localización dunha antiga fortaleza romana. Ata 1801 foi capital do principado de Würzburg, pasou a Baviera e en 1805 foi elevada á categoría de electorado de Würzburg. En 1806 adheriuse á Confederación do Rin pero en 1815 polo Congreso de Viena foi devolta a Baviera.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escola psicolóxica con sede na Universidade de Würzburg que a finais do s XIX e na primeira década do s XX representou unha liña de pensamento de grande influencia nos campos psicolóxico e filosófico. Foi fundada por O. Külpe, e tivo representantes como A. Mayer, J. Orth, K. Marbe, N. Ach e K. Bühler. Centrada no estudo dos procesos do pensamento, estes veñen dados por actividades mentais complexas e non por simples sensacións e imaxes (psicoloxía mecanicista e asociacionista).
-
PERSOEIRO
Bispo de Astorga. Restaurou o mosteiro de San Pedro de Montes no Bierzo, fundado por san Froitoso. Foi conselleiro de Afonso III. A súa festividade celébrase o 25 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
ariedade lingüística especial que se emprega nun oficio, sobre todo nos tradicionais, como no dos canteiros, paraugueiros, cesteiros, etc, e que se utiliza para diferenciarse e afirmarse como grupo, así como para evitar ser comprendidos polos demais. Caracterízase por ter un léxico particular no que predominan as invencións, modificacións de sentido ou deformación de palabras usuais, aínda que mantén o sistema fonolóxico e morfosintáctico da lingua común. Transmitida por vía oral, o seu período máis fecundo tivo lugar na segunda metade do s XIX e na primeira do s XX. Nas últimas décadas o descenso do número de persoas que desenvolven estes oficios tradicionais e o descoñecemento das súas xergas polos máis novos produciron unha importante decadencia no seu emprego. No galego identifícanse varias xergas profesionais, que tamén reciben as denominacións de verbo, verba ou latín. Entre elas están o barallete, a xerga dos afiadores, dos paraugueiros, dos xabarreadores, dos viveleiros, dos xingreiros...
-
ariedade lingüística especial, con carácter diferencialista e críptico, que adoitan empregar grupos relacionados polo sexo, a idade, o nivel cultural ou a clase social.
-
Linguaxe técnica específica que empregan diversas profesións ou ciencias, como a medicina, a informática, as matemáticas, etc, que se caracteriza principalmente polo emprego de tecnicismos e neoloxismos.
-
-
Lingua complicada e difícil de entender.
-
-
-
Tecido de la e liño.
-
Manta confeccionada con este tecido.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen ten tendencia natural a empregar a man ou o pé esquerdos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colchón elaborado con follas ou herba.
-
-
barutar.
-
Termo do barallete que corresponde á voz ‘falar (barallete en voz baixa)’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
baruto.
-
PERSOEIRO
Actriz. Debutou profesionalmente en 1906 e consagrouse con Andrónica (1910), de Àngel Guimerà. En 1914 marchou a Madrid, onde se converteu na primeira figura do Teatro Español, no que impuxo autores como Federico García Lorca e Alejandro Casona. Dirixiu a Escuela Dramática Municipal de Montevideo, que foi o foco de renovación do teatro suramericano.
VER O DETALLE DO TERMO